A Secretaría Xeral de Emprego participa como socio beneficiario principal do Proxecto GEMCAT (0345_GEMCAT-6-E), Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo, que está cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP), Programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020.
A súa duración é desde xuño de 2017 ata setembro de 2019, cun presuposto total de 1.376.190,00 euros, cunha participación do 75 % de Fondos FEDER e o 25 % restante de fondos propios, repartido entre os socios.
Interveñen como socios varias rexións do espazo de cooperación da fronteira hispano- portuguesa.
O obxectivo principal do proxecto é mellorar a eficiencia das políticas públicas para a creación e mantemento dun emprego de calidade, a través da cooperación entre os interlocutores sociais e as entidades socias do proxecto.