O Goberno galego reforza o seu apoio ás familias destinando case 8 millóns a un programa que aposta pola mellora das infraestruturas –fiestras, cubertas, fachadas e ascensores-, e o emprego de fontes renovables como a biomasa, a xeotermia, a solar térmica e a aerotermia.
Fiestras, cubertas e fachadas
No eido relativo á mellora das infraestruturas, foméntase o acondicionamento de fiestras, cubertas e fachadas, e a renovación de ascensores. Así:
Fontes renovables
Os fogares do rural galego contan este ano con 3 millóns de euros para impulsar a instalación de caldeiras de biomasa. Unha partida orzamentaria coa se implantarán arredor de 1.000 equipos no marco da Estratexia integral de impulso da biomasa en Galicia que está a desenvolver a Xunta, que contempla neste 2016 outros 5,5 millóns para o fomento deste combustible nas empresas e na propia administración. Infórmate aquí e aquí.
Xunto á biomasa, e tamén no ámbito rural, o plan promove a instalación de equipamentos de xeotermia, solar térmica e aerotermia. Neste sentido, renóvase a aposta pola implantación de equipamentos de xeotermia, que permite impulsar instalacións que xeran aforros económicos de ata o 70%. Ademais, inclúese unha vez máis a orde específica para a instalación de equipamentos térmicos de solar térmica e aerotermia. Infórmate aquí.