Galicia está a apostar por renovar a súa industria implantando a chamada Industria 4.0, que ten no seu centro á fábrica intelixente.
Trátase dunha factoría na que:
A Xunta tense aliado con rexións europeas punteiras neste eido, integradas na Vanguard Initiative, como Lombardía, Baden-Württemberg ou Cataluña, e porá en marcha proxectos piloto conxuntos neste ámbito. Pero a estratexia galega principal para facer fronte a este desafío é a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0.
Esta iniciativa persegue incrementar o peso da industria no PIB en 6,5 puntos ata acadar o 20% no ano 2020, creando 50.000 novos empregos de calidade durante este período. Unha das primeiras iniciativas enmarcadas na Axenda é o polo industrial e tecnolóxico de avións non tripulados, e conta con ducias de medidas destinadas a reinventar a industria galega, como programas e axudas específicas para implantar a fábrica intelixente no tecido industrial galego, que se activarán proximamente.