Cal é o obxecto deste programa?
A creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación, proxectos de cooperación entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial para desenvolver de forma conxunta e coordinada actividades de investigación, innovación e desenvolvemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia.
Quen pode solicitar estas axudas?
As agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa, excepcionalmente dúas, que constitúan unha unidade mixta de investigación.
No marco desta convocatoria consideraranse organismos de investigación:
As empresas integrantes das unidades mixtas de investigación poderán ser pequenas, medianas e grandes.
Máis información
http://gain.xunta.gal/resultados
xestion.gain@xunta.gal
981 541 096 e 881 999 633
Teléfono: 900 815 151
Correo-e: informa@igape.es