Inicio > Recursos > Iniciativas
Compartir

Compártao :

Roteiros mineiros

  • Roteiros mineiros

A minería tamén é fermosura, historia, aventura, relax, novas experiencias... Presentamos unha visión distinta da actividade mineira, dende o seu atractivo e das posibilidades de ocio que ofrece. Veña a gozar da minería de Galicia connosco.

Minas de San Finx

O depósito de estaño e volframio de San Finx é un espazo mineiro de características únicas en Galicia, que representa una viaxe histórica pola actividade mineira dos últimos cen anos, grazas á excepcional conservación das instalación e da maquinaria que alí se atopan.

Turismo termal

O termalismo de Galicia atópase á cabeza de España pola diversidade da súa oferta e os servizos que ofrece.

A comunidad galega é rica e famosa, desde sempre, polas súas augas termais, de cuxos mananciais se aproveitaban xa os primeiros pobladores desta terra. Os romanos identificaron logo as fontes e construiron as primeiras infraestruturas, moitas das cales perviven aínda na actualidade a carón de modernos edificios.

A oferta de turismo termal galego actual preséntase con máis de 30 balnearios repartidos por toda a súa xeografía.

Organización/s: Dirección Xeral de Enerxía e Minas
Tema/s: Recursos mineiros