O programa FEDER-INNTERCONECTA é unha iniciativa na que participan a Axencia Galega de Innovación e do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, e que está cofinanciada polo Fondo Tecnolóxico. Trátase dunha partida especial de fondos FEDER adicada á promoción da I+D+i empresarial.
Este programa fomenta a cooperación estable público-privada en I+D en áreas de importancia estratéxica para o desenvolvemento da economía galega, financiando grandes proxectos de I+D en cooperación que leven a cabo empresas en Galicia co apoio de organismos de investigación.
Estes proxectos deben ter como obxectivo o desenvolvemento de tecnoloxías novidosas en áreas tecnolóxicas de futuro con proxección económica e comercial a nivel internacional e supoñer un avance tecnolóxico e industrial relevante para Galicia.
Correo-e: gain@xunta.es