Inicio > Recursos > Iniciativas
Compartir

Compártao :

Bonificación do custo de financiamento de préstamos

Fonte de información: Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Bonificación dos custos financeiros das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 euros con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

As axudas aplicaranse ao financiamento obtido das entidades financeiras con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), mediante as seguintes liñas:

  • Liña ICO Empresas e emprendedores 2014
  • Liña ICO Garantía SGR/SAECA 2014

Poderán ser beneficiarios/as os autónomos, microempresas ou pequenas ou medianas empresas (Pemes) calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión das axudas.

Terán que ter formalizada unha operación de préstamo, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con cargo a algunha das liñas do Instituto de Crédito Oficial (ICO), por un importe superior a 25.000 euros, a un prazo igual ou superior a cinco anos e cumprir coas condicións específicas, de actividade e localización, establecidas nestas bases.

Toda a información

Organización/s: Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Tema/s: Financiamento
Colectivo/s: Peme; Autónomo/a