Ferramenta informática que facilita aos concellos galegos o cálculo de tarifas eléctricas, amosándolles tanto as posibilidades de aforro neste campo como a contratación da subministración eléctrica máis adecuada ás súas necesidades.
O desenvolvemento desta ferramenta permítelle aos concellos optimizar a potencia contratada e a demanda de enerxía, indicando, en cada momento, as posibles medidas a tomar para mellorar consumos e custos.
Os concellos interesados poden cargar os seus datos de facturación na aplicación cunha clave que se solicita no primeiro acceso e que será validada polo Inega. Estes datos serán analizados propoñendo medidas a tomar na subministración de enerxía para optimizar a potencia e os resultados.
Correo-e: inega.info@xunta.es