Inicio > Recursos > Iniciativas
Compartir

Compártao :

Autorización de distribuidores de halóns

A consellería competente para emitir esta autorización é a Consellería de Economía e Industria

De acordo co previsto no artigo 13.1 do Regulamento (CE) n.º 1005/2009, os distribuidores de halóns deberán ser especificamente autorizados polo órgano competente da súa comunidade autónoma para introducir halóns no mercado para o seu emprego nos usos críticos enumerados no anexo VI do citado regulamento.

Por outra parte, os distribuidores de halóns deben cumprir as obrigas establecidas no mencionado regulamento, así como as recollidas nos artigos 9 e 10 do RD 795/2010, do 16 de xuño, entre as cales se encontran as de introducir halóns no mercado unicamente para o seu emprego nos usos críticos enumerados no anexo VI do citado regulamento e as de ceder ou vender unicamente a fabricantes ou recargadores de equipos de protección contra incendios especificamente autorizados para ese gas

Documentos relacionados

Organización/s: Dirección Xeral de Enerxía e Minas
Tema/s: Industria; Seguridade e saúde laboral
Colectivo/s: Instalación industrial; Empresa