Portada > > Iniciativas

Certificación de empresas sobre sistemas que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro (IN610A)

Compartir
  • Certificación de empresas

Deben obtelos as empresas que realicen actividades de instalación, mantemento ou revisión de equipos fixos de refrixeración, aire acondicionado e bombas de calor ou de sistemas fixos de protección contra incendios e extintores que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro

A Consellería competente para expedir estes certificados é a Consellería de Economía e Industria. Deben obtelos as empresas que realicen actividades de instalación, mantemento ou revisión de equipos fixos de refrixeración, aire acondicionado e bombas de calor ou de sistemas fixos de protección contra incendios e extintores que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro.

Hai dous tipos:

  1. O Regulamento (CE) n.º 303/2008 da Comisión Europea establece a obriga de que as empresas que realicen as actividades de instalación, mantemento ou revisión de equipos fixos de refrixeración, aire acondicionado e bombas de calor que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro deban obter un certificado de empresa para poder desenvolver a súa actividade. Haberá dous certificados diferentes:
    • Equipos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
    • Equipos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a 3 kg de gases fluorados.
  2. O Regulamento (CE) n.º 304/2008 da Comisión Europea establece a obriga de que as empresas que realicen as actividades de instalación, mantemento ou revisión de sistemas fixos de protección contra incendios e extintores que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro deban obter un certificado de empresa para poder desenvolver a súa actividade. Ademais, o Real decreto 795/2010 prevé que as empresas fabricantes ou recargadoras de equipos de extinción de incendios baseados en halóns estean especificamente autorizadas para operar con ese gas e unicamente estas empresas poidan realizar as operacións de produción ou preparación dos recipientes ou compoñentes que conteñan ou se deseñasen para conter o devandito axente extintor, incluída a carga e recuperación do gas.

Para obter os certificados as empresas deben cumprir o seguinte:

  • a) Empregar persoal en posesión do certificado persoal previsto no Real decreto 795/2010 ou emitido por calquera outro país da Unión Europea para as actividades que requiran certificación e en número abondo para abranguer o volume previsto de actividades.
  • b) Que a empresa estea debidamente habilitada para exercer a súa actividade no marco dalgún dos regulamentos seguintes:
    • Regulamento de Instalacións Térmicas en Edificios (Empresa instaladora de instalacións térmicas / Empresa mantedora de instalacións térmicas / Empresa instaladora de climatización / Empresa mantedora de climatización)
    • Regulamento de Instalacións Frigoríficas (Empresa instaladora frigorista / Empresa conservadora-reparadora frigorista/Empresa frigorista de nivel 1 / Empresa frigorista de nivel 2)
    • Regulamento de Instalacións de Protección Contra Incendios (Empresa instaladora de protección contra incendios / Empresa mantedora de protección contra incendios)

Pódese consultar as empresas habilitadas para as distintas especialidades no buscador da Oficina Virtual de Industrial. Dende o 01 de xaneiro de 2012 a solicitude ou rexistro debe facerse dende a Oficina Virtual de Industria.

As empresas que non realicen actividades de instalación, mantemento ou revisión de equipos fixos de refrixeración, aire acondicionado e bombas de calor ou de sistemas fixos de protección contra incendios e extintores que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro necesitan unicamente que o persoal estea certificado, pero non deben obter ningún certificado de empresa. Estariamos a falar de empresas que non realizan unha actividade enmarcada dentro do Regulamento de Instalacións Térmicas de Edificios, do Regulamento de Instalacións Frigoríficas ou do Regulamento de Instalacións de Protección Contra Incendios. Exemplos: Talleres de reparación de vehículos, empresas dedicadas ao mantemento de sistemas frigoríficos móbiles non regulados nos regulamentos anteriores, etc.