Inicio > Recursos > Iniciativas
Compartir

Compártao :

Empresas e declaración responsable

  • Empresas e declaración responsable

A incorporación ao noso ordenamento xurídico da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos), supuxo cambios importantes no que respecta ás empresas autorizadas no ámbito da seguridade industrial (instaladoras, mantedoras, reparadoras, conservadoras, etc.).

Con carácter xeral, a figura da empresa autorizada desaparece e é substituída pola
figura da declaración responsable, salvo para as especialidades seguintes:

  • Empresas instaladoras de fontanaría.
  • Documento de cualificación empresarial (DCE) no sector da construción.
  • Documento de cualificación empresarial (DCE) nos sectores da madeira e a cortiza.

Para estas tres especialidades, a autorización desaparece e non é substituída por outro documento, é dicir, desaparecen completamente as empresas instaladoras de fontanaría, o DCE de construción e o DCE de madeira e cortiza.

Para as especialidades restantes, a autorización é substituída pola declaración responsable.

Organización/s: Dirección Xeral de Enerxía e Minas
Tema/s: Industria; Seguridade e saúde laboral
Colectivo/s: Instalación industrial; Empresa