Inicio > > Iniciativas

Programa de consolidación e estruturación de Unidades de Investigación Competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia (IN845A)

Compartir

Axudas dirixidas aos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia co fin de incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas dos centros ao mercado.

 

Por iso, estas axudas establécense en función dunha serie de indicadores que, de forma obxectiva, valoran as súa perspectiva financeira, de resultados e de igualdade.

As axudas que se concedan, dado que as actividades de I+D non se realizan por conta ou en colaboración con empresas, non teñen a consideración de axudas do Estado para os efectos do número 1 do artigo 107 do Tratado de funcionamento da Unión Europea e do Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación, desenvolvemento e innovación (DOUE C 323, 30.12.2006, Comunicación da Comisión 323/01). En todo caso, os centros beneficiarios quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativos a actuacións de I+D+i conforme o establecido no artigo 3 do devandito marco comunitario.

Contactos relacionados

Organización/s: Axencia Galega de Innovación - Gain
Tema/s: Innovación; Tecnoloxías e telecomunicacións
Colectivo/s: Centro tecnolóxico