Para as empresas, pequenas, medianas e grandes, está prevista a concesión de subvencións para a realización de investimentos innovadoras para o crecemento que permitan mellorar a competitividade da empresa incrementando a súa capacidade innovadora.
Con esta finalidade as axudas subvencionan os investimentos que permitan a diversificación da produción con novos ou mellorados produtos ou servizos ou supoñan unha transformación fundamental no proceso global de produción, incluídos os dirixidos especificamente a incrementar a capacidade tecnolóxica e innovadora da empresa.
Correo-e: gain@xunta.es