O obxectivo das axudas é incentivar a participación de pemes galegas en programas de I+D+i nacionais e internacionais a través da concesión de bonos para o financiamento da contratación de empresas, previamente homologadas pola Axencia Galega de Innovación e adheridas como axentes intermedios ao Programa, para a preparación das súas propostas.
Entre os programas internacionais para os cales se poderán solicitar estas axudas cabe destacar FP7, CIP, bilaterais, multilaterais, EEA Grants, Eurostars e outras iniciativas ao amparo dos artigos 169 e 171 do Tratado CE, así como os novos programas a partir do ano 2014 como Horizon 2020. Os programas nacionais de I+D+i aos que vai destinado este programa deberán ser proxectos de tipo colaborativo e estar orientados ao tecido empresarial.
Correo-e: gain@xunta.es