Inicio > Recursos > Iniciativas
Compartir

Compártao :

Visitas ao Centro de Supercomputación de Galicia

Fonte de información: Centro de Supercomputación de Galicia - Cesga

Como institución aberta á sociedade p Centro de Supercomputación de Galicia recibe visitas de grupos organizados que teñan interese en coñecer que é e como funciona o centro.

As visitas están abertas a grupos dun máximo de 20 persoas, teñen unha duración aproximada de 1 hora e consisten nunha charla xeral na que se explica aos asistentes que é o Cesga, en que consiste o labor que aquí se desenvolve e as características xerais dos recursos e as áreas coas que se traballa. Inclúe unha visita guiada á instalacións.

Organización/s: Centro de Supercomputación de Galicia - Cesga
Tema/s: Tecnoloxías e telecomunicacións