Inicio > Recursos > Iniciativas
Compartir

Compártao :

Fondo tecnolóxico I2C

O obxectivo do Fondo é apoiar proxectos empresariais de semilla-arranque e de expansión-consolidación que teñan un marcado carácter innovador e que resulten da potencial valorización do coñecemento xerado polos diferentes axentes do sistema galego de I+D+i.

Céntrase en empresas con equipos xestores capaces e experimentados e con proxectos tecnolóxicos que:

  • permitan que a economía galega entre en industrias de alto potencial de crecemento
  • reactiven sectores que son estratéxicos para a economía galega pero se atopan nunha fase de madurez
  • promovan a transferencia de coñecemento e tecnoloxía a toda a comunidade
  • persigan desenvolver empresas de dimensión global/internacional
  • sirvan de tractor do sector ó que pertencen

Réxime de investimentos: o investimento mínimo é de 600.000 euros e finánciase ata un 75% do importe investido.

Réxime de financiamento:

  • Prestamos participativos a 5–7 anos
  • Participación en capital, ata un máximo do 45%
  • Outros instrumentos financeiros previstos pola Lei de Entidades de Capital Risco

Toda a información

Ligazóns relacionadas

Organización/s: Axencia Galega de Innovación - Gain; XesGalicia
Tema/s: Innovación; Tecnoloxías e telecomunicacións
Colectivo/s: Centro tecnolóxico; Investigador/a; Emprendedor/a
Feitos vitais: Innovar