Inicio > Recursos > Iniciativas
Compartir

Compártao :

ORDE do 9 de agosto de 2019 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 13 de marzo de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia, e se procede á súa convocatoria

Fonte de información: Dirección Xeral de Comercio e Consumo

O obxecto  desta Orde é de poder amparar o maior número de solicitudes e posto que a dotación inicial resultaba insuficiente, tramítase o correspondente expediente de ampliación de crédito polo que cómpre incrementar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas subvencións dada a existencia de remanentes de créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.