É a maior aposta do Goberno galego neste eido, que se suma a outras actuacións para facer de Galicia unha contorna atractiva para os investidores como as rebaixas no solo industrial, o Plan de Banda Larga ou a Oficina Doing Business.
O obxectivo do Fondo é apoiar proxectos empresariais de semilla-arranque e de expansión-consolidación que teñan un marcado carácter innovador e que resulten da potencial valorización do coñecemento xerado polos diferentes axentes do sistema galego de I+D+i.
A Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), elaborada pola Xunta en coordinación cos preto de 240 axentes do Sistema Galego de Innovación, é un mapa do que Galicia quere ser no futuro. O documento servirá de guía para o investimento de 1.600 millóns de euros en proxectos innovadores ata o ano 2020, aproveitando as fortalezas da economía galega para consolidar os seus sectores tractores e para crear novos nichos industriais de alto compoñente tecnolóxico.
O programa FEDER-INNTERCONECTA é unha iniciativa na que participan a Axencia Galega de Innovación e do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, e que está cofinanciada polo Fondo Tecnolóxico. Trátase dunha partida especial de fondos FEDER adicada á promoción da I+D+i empresarial.
Como institución aberta á sociedade p Centro de Supercomputación de Galicia recibe visitas de grupos organizados que teñan interese en coñecer que é e como funciona o centro.
As visitas están abertas a grupos dun máximo de 20 persoas, teñen unha duración aproximada de 1 hora e consisten nunha charla xeral na que se explica aos asistentes que é o Cesga, en que consiste o labor que aquí se desenvolve e as características xerais dos recursos e as áreas coas que se traballa. Inclúe unha visita guiada á instalacións.
CIS Galicia desenvolve proxectos e aplicacións tecnolóxicas para as empresas de diversos sectores. O centro posúe experiencia na captura, tratamento e análise de datos de sensores tanto para control de calidade de produto como para outros usos e aplicacións sectoriais. Oriéntase a solucións de problemas concretos, desenvolvendo os seus propios sensores, coa súa electrónica, a programación de todos os elementos e a integración de equipos comerciais.
CIS Galicia, en colaboración cos centros de coñecemento de Galicia promove accións conxuntas para a aceleración da transferencia de tecnoloxías facilitadoras para pemes e micropemes, así como colaboracións nas últimas etapas de desenvolvemento e adaptación de tecnoloxías dos centros de coñecemento en casos de uso específicos para diversos sectores.
CIS Galicia conta cunha dilatada experiencia e coñecemento na prestación de servicios de vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva que ofrece desde o ano 1999 a todo tipo de organizacións: empresas, universidades, centros tecnolóxicos, plataformas tecnolóxicas, clusters, administración...
Unha das liñas de traballo do CIS Galicia é o deseño e xeración de aplicacións informáticas baseadas na realidade virtual e a realidade aumentada, a estereoscopía e a integración de distintos elementos hardware coas aplicacións desenvolvidas (HMI- Interface Human-Máquina).
Xunto co desenvolvemento de proxectos de I+D+i, o CIS Madeira ofrece servizos tecnolóxicos avanzados tanto a profesionais coma a empresas do sector. Estes servizos están orientados basicamente cara ao control de calidade de materiais e produtos, a reenxeñería de procesos e o asesoramento sobre construción en madeira e sobre o uso da biomasa.