Inicio > Recursos > Iniciativas

Iniciativas






Temos dispoñibles para consulta 14 iniciativas
Polo tecnolóxico e industrial galego de avións non tripulados
Axencia Galega de Innovación - Gain

Polo tecnolóxico e industrial galego de avións non tripulados

Un proxecto que suma máis de 150 millóns de euros de investimento.

Iniciativa Captación de Investimentos 4.0
Axencia Galega de Innovación - Gain

Iniciativa Captación de Investimentos 4.0

É a maior aposta do Goberno galego neste eido, que se suma a outras actuacións para facer de Galicia unha contorna atractiva para os investidores como as rebaixas no solo industrial, o Plan de Banda Larga ou a Oficina Doing Business.

Consellería de Economía e Industria

Fábrica intelixente

Galicia está a apostar por renovar a súa industria implantando a chamada Industria 4.0, que ten no seu centro á fábrica intelixente.

Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia - LOMG

Tarifas de metroloxía vixentes

Tarifas vixentes establecidas no contrato de xestión de servizos públicos, na modalidade de concesión, consistente na verificación metrolóxica de diversos equipos de medida na fase de instrumentos en servizo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e taxas vixentes para os equipos que verifica directamente a administración a través do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.

Novas axudas do Igape
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Novas axudas do Igape

Convocatoria aberta desde o 2 de xaneiro para apoiar investimentos, competitividade e internacionalización.

Axenda da Competitividade Galicia - Industria 4.0
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Axenda da Competitividade Galicia - Industria 4.0

Coa aprobación da Axenda da Competitividade Galicia - Industria 4.0 o Goberno galego mobilizará 500 millóns nos dous primeiros anos na procura dunha industria competitiva, intelixente, diferenciada e xeradora de emprego. A aposta pola fábrica intelixente suma 40 millóns de euros, o 33% do total, con programas como o Concurso de Ideas Industria 4.0, ou a liña de subvencións e instrumentos financeiros para promover proxectos neste eido.

Oficina virtual de Industria
Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Oficina virtual de Industria

É a ferramenta que a Comunidade Autónoma de Galicia pon a disposición da cidadanía e das empresas como porta de acceso á información actualizada e servizos on-line relacionados cos procedementos vinculados á D.X. de Enerxía e Minas.

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Base xeral de axudas

Base xeral de axudas organizadas por Consellerías da Xunta, Ministerios e outros entes.

Centro de Innovación e Servizos de Galicia - CIS Galicia

Desenvolvemento de aplicacións tecnolóxicas para empresas de diversos sectores

CIS Galicia desenvolve proxectos e aplicacións tecnolóxicas para as empresas de diversos sectores. O centro posúe experiencia na  captura, tratamento e análise de datos de sensores tanto para control de calidade de produto como para outros usos e aplicacións sectoriais. Oriéntase a solucións de problemas concretos, desenvolvendo os seus propios sensores, coa súa electrónica, a programación de todos os elementos e a integración de equipos comerciais.

Certificación de empresas sobre sistemas que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro (IN610A)
Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Certificación de empresas sobre sistemas que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro (IN610A)

Deben obtelos as empresas que realicen actividades de instalación, mantemento ou revisión de equipos fixos de refrixeración, aire acondicionado e bombas de calor ou de sistemas fixos de protección contra incendios e extintores que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro