Inicio > Recursos > Iniciativas

Iniciativas






Temos dispoñibles para consulta 8 iniciativas
Programa de renovación do tecido comercial
Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Programa de renovación do tecido comercial

Economía e Industria apoia aos comerciantes galegos na modernización dos seus negocios potenciando a incorporación do smart commerce, novas ferramentas de xestión e melloras na presentación dos produtos. Como novidade, promoveranse ademais actuacións de mellora da imaxe exterior e o acondicionamento dos establecementos.

Préstamos directos Igape-Jeremie
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Préstamos directos Igape-Jeremie

Iniciativa da Comisión Europea desenvolvida xunto co Fondo Europeo de Investimentos. A súa finalidade é promover o uso de instrumentos de enxeñaría financeira para mellorar o acceso das Pemes ao financiamento a través das intervencións dos Fondos Estruturais. Esta iniciativa permite utilizar parte dos Fondos Estruturais europeos asignados para investir en instrumentos reembolsables como fondos de capital risco, de préstamo ou de garantía.

Unidade Galicia Emprende
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Unidade Galicia Emprende

Poñemos á túa disposición o apoio integral necesario para que a túa idea empresarial poida ser levada a cabo, facendo que as iniciativas viables sexan posibles.

Rede de mentores
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Rede de mentores

É unha iniciativa que quere estimular a colaboración entre profesionais con experiencia e de recoñecido mérito e persoas emprendedoras que queiran desenvolver a súa idea de negocio e proxecto empresarial.

Plataforma de Transmisión Comercial
Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Plataforma de Transmisión Comercial

Esta plataforma recolle altas dos negocios que se queren transferir para que calquera persoa interesada en emprender un negocio en funcionamento poida consultar por provincia, localidade ou sector os negocios dispoñibles.
 As persoas emprendedoras poderán consultar os negocios dispoñibles (previo rexistro na páxina web).

As fichas de cada negocio estarán compostas por fotos do local, planos (nalgúns casos) descrición do negocio para axudarlle a decidir se o local consultado se axusta ou non ás súas necesidades.

Puntos de atención ao emprendedor
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Puntos de atención ao emprendedor

Prestamos de forma sinxela e clara servizos de asesoramento e información na definición das súas iniciativas empresariais e durante os primeiros anos de actividade.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Bolsas de locais baleiros

Locais baleiros adheridos á Orde do 18 de febreiro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia.

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Proxectos de investimento empresarial

Subvencións para o estímulo á posta en marcha de proxectos de investimento empresarial coa finalidade de dinamizar a actividade económica en Galicia , favorecento o desenvolvemento equilibrado do territorio.