É a maior aposta do Goberno galego neste eido, que se suma a outras actuacións para facer de Galicia unha contorna atractiva para os investidores como as rebaixas no solo industrial, o Plan de Banda Larga ou a Oficina Doing Business.
Galicia está a apostar por renovar a súa industria implantando a chamada Industria 4.0, que ten no seu centro á fábrica intelixente.
Convocatoria aberta desde o 2 de xaneiro para apoiar investimentos, competitividade e internacionalización.
Coa aprobación da Axenda da Competitividade Galicia - Industria 4.0 o Goberno galego mobilizará 500 millóns nos dous primeiros anos na procura dunha industria competitiva, intelixente, diferenciada e xeradora de emprego. A aposta pola fábrica intelixente suma 40 millóns de euros, o 33% do total, con programas como o Concurso de Ideas Industria 4.0, ou a liña de subvencións e instrumentos financeiros para promover proxectos neste eido.
Este programa está dirixido a empresas galegas que acaden un acordo de cooperación entre elas para aunar esforzos, compartir custos e, se é o caso, estratexia e marca para establecerse por primeira vez en novos mercados internacionais para o lanzamento de produtos ou servizos galegos en novos mercados (países ou zonas xeográficas determinadas dentro dun país).
Programa de servizos do IGAPE para a realización de proxectos mellora nas pemes galegas.
Apoio á presentación de propostas ao Instrumento PEME de Horizon 2020.
Colección de guías en formato electrónico que o Igape pon a disposición dos empresarios e emprendedores galegos, co convencemento de que a difusión de ideas innovadoras, dar a coñecer alcance e posibilidades dentro do ámbito da innovación, son pasos previos, necesarios para un avance firme e sustentable na competitividade das empresas.
Base xeral de axudas organizadas por Consellerías da Xunta, Ministerios e outros entes.
Esta rede promovida pola Unión Europea agrupa preto de 600 organizacións e 4.000 especialistas no fomento da competitividade empresarial ao longo de 54 países.