Preto de 1.000 comerciantes galegos estanse a beneficiar este ano das axudas da Xunta para impulsar o smart commerce e o comercio en liña.
Esta estratexia destinará 70 millóns ata 2020 para modernizar o sector, afianzando o comercio de proximidade, impulsando o comercio online e o smart commerce e potenciando a excelencia.
Economía e Industria apoia aos comerciantes galegos na modernización dos seus negocios potenciando a incorporación do smart commerce, novas ferramentas de xestión e melloras na presentación dos produtos. Como novidade, promoveranse ademais actuacións de mellora da imaxe exterior e o acondicionamento dos establecementos.
Toda a información sobre os master, cursos, bolsas, formación profesional... de interese para as persoas que traballan no sector do comercio.
Es un proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Comercio co obxectivo central de frear a tendencia de peche de establecementos comerciais do rural e manter servizos á poboación residente e turista.
Instrumento mediante o cal a Xunta de Galicia está impulsando o proceso de modernización e ordenación do comercio local.
Ten por obxecto a promoción dos centros comerciais abertos de Galicia mediante a posta en marcha dun xogo de combinacións aleatorias con premios, coa finalidade de difundir o concepto de Centro Comercial Aberto (CCA) e as súas vantaxes estratéxicas así coma de incrementar e fomentar as compras no pequeno comercio das vilas e cidades galegas ao mesmo tempo que se favorece a introdución e utilización das novas tecnoloxías asociadas ao comercio.
Locais baleiros adheridos á Orde do 18 de febreiro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia.
A Consellería de Economía e Industria pon en marcha esta campaña para promocionar todos os mercados de abastos de Galicia e poñer en valor o traballo dos praceiros e praceiras ao tempo que se favorece e dinamiza o consumo nas prazas de abastos.