Portada > > Iniciativas

Iniciativas






Temos dispoñibles para consulta 7 iniciativas
Rutas de Artesanía
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación; Fundación Pública Artesanía de Galicia

Rutas de Artesanía

Rutas de Artesanía é un proxecto conxunto da Consellería de Economía e Industria e de Turismo de Galicia co que a Xunta promove a posta en valor dos oficios tradicionais e o seu impulso como atractivo turístico. Nel, participan preto de 150 artesáns de toda Galicia que abren os seus obradoiros ao público.

Revista
Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Revista "Obradoiro de Artesanía"

Publicación anual especializada en artesanía. Trátase dunha publicación de consulta para os artesáns e para os profesionais cuxo traballo se relacione dalgún xeito co sector da artesanía.

Plan Artesanía de Galicia 2014-2016
Fundación Pública Artesanía de Galicia; Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Plan Artesanía de Galicia 2014-2016

Consciente da importancia social, cultural, patrimonial e económica da artesanía galega, a Xunta de Galicia segue apostando por un sector artesán forte e capaz de adaptarse ás novas tendencias do mercado, motivo polo cal se realizou este plan, co obxectivo fundamental de desenvolver unha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector. O Plan configúrase como unha estratexia específica para a Artesanía de Galicia contando na súa elaboración coa participación do sector así como tendo en conta as súas achegas para alcanzar a mellor folla de ruta a seguir.

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Enredando, artesanía na escola

Unha ambiciosa iniciativa dirixida a integrar os máis novos no sector da artesanía. A través da organización de demostracións de artesáns nos colexios, visitas aos obradoiros e outras actividades transversais aos programas escolares, a  Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño pretende achegarlle os diferentes oficios artesáns a nenos e rapaces.

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Tendas e obradoiros adheridos á marca "Artesanía de Galicia"

Consulta as tendas adheridas á marca Artesanía de Galicia e que, polo tanto, venden pezas de cando menos cinco obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía, así como os obradoiros.

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Feiras de artesanía

Consulta as feiras nas que participará Artesanía de Galicia.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Bolsas de locais baleiros

Locais baleiros adheridos á Orde do 18 de febreiro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia.