Portada > > Iniciativas

Iniciativas






Temos dispoñibles para consulta 6 iniciativas
Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia - LOMG

Tarifas de metroloxía vixentes

Tarifas vixentes establecidas no contrato de xestión de servizos públicos, na modalidade de concesión, consistente na verificación metrolóxica de diversos equipos de medida na fase de instrumentos en servizo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e taxas vixentes para os equipos que verifica directamente a administración a través do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.

Oficina Virtual de Industria
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Oficina Virtual de Industria

É a ferramenta que a Comunidade Autónoma de Galicia pon a disposición da cidadanía e das empresas como porta de acceso á información actualizada e servizos on-line relacionados cos procedementos vinculados á D.X. de Enerxía e Minas.

Certificación de empresas sobre sistemas que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro (IN610A)
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Certificación de empresas sobre sistemas que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro (IN610A)

Deben obtelos as empresas que realicen actividades de instalación, mantemento ou revisión de equipos fixos de refrixeración, aire acondicionado e bombas de calor ou de sistemas fixos de protección contra incendios e extintores que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro

Empresas e declaración responsable
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Empresas e declaración responsable

A incorporación ao noso ordenamento xurídico da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos), supuxo cambios importantes no que respecta ás empresas autorizadas no ámbito da seguridade industrial (instaladoras, mantedoras, reparadoras, conservadoras, etc.).

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

Carnés e habilitacións profesionais

A incorporación ao noso ordenamento xurídico da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos), supuxo cambios importantes no que respecta aos carnés profesionais.

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Autorización de distribuidores de halóns

A Consellería competente para expedir estes certificados é a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.