É a maior aposta do Goberno galego neste eido, que se suma a outras actuacións para facer de Galicia unha contorna atractiva para os investidores como as rebaixas no solo industrial, o Plan de Banda Larga ou a Oficina Doing Business.
Galicia está a apostar por renovar a súa industria implantando a chamada Industria 4.0, que ten no seu centro á fábrica intelixente.
Coa aprobación da Axenda da Competitividade Galicia - Industria 4.0 o Goberno galego mobilizará 500 millóns nos dous primeiros anos na procura dunha industria competitiva, intelixente, diferenciada e xeradora de emprego. A aposta pola fábrica intelixente suma 40 millóns de euros, o 33% do total, con programas como o Concurso de Ideas Industria 4.0, ou a liña de subvencións e instrumentos financeiros para promover proxectos neste eido.
O obxectivo do Fondo é apoiar proxectos empresariais de semilla-arranque e de expansión-consolidación que teñan un marcado carácter innovador e que resulten da potencial valorización do coñecemento xerado polos diferentes axentes do sistema galego de I+D+i.
Programa de servizos do IGAPE para a realización de proxectos mellora nas pemes galegas.
A Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), elaborada pola Xunta en coordinación cos preto de 240 axentes do Sistema Galego de Innovación, é un mapa do que Galicia quere ser no futuro. O documento servirá de guía para o investimento de 1.600 millóns de euros en proxectos innovadores ata o ano 2020, aproveitando as fortalezas da economía galega para consolidar os seus sectores tractores e para crear novos nichos industriais de alto compoñente tecnolóxico.
A Xunta vén de poñer en marcha este proxecto para apoiar e atraer o investimento en materia de tecnoloxía e innovación. Esta liña de apoio ás unidades mixtas de investigación responde á vontade de atraer a Galicia proxectos de I+D+i de grandes empresas, de grandes xeradores de innovación; á convicción de que a política innovadora de Galicia debe focalizarse na transferencia de coñecemento e recursos do sector público ao privado, na valorización de ideas para crear riqueza e emprego; e por último, á aposta galega polo talento galego simbolizado nos nosos centros tecnolóxicos.
Base xeral de axudas organizadas por Consellerías da Xunta, Ministerios e outros entes.
Galicia afronta neste quinquenio un reto fundamental: desenvolver un ecosistema de investigación e innovación suficientemente eficiente como para situar a economía galega en posición de competir nunha contorna global.
Son aquelas entidades físicas e xurídicas tanto públicas como privadas que desenvolvan en Galicia actividades de xeración, aplicación ou explotación de coñecemento orientado á creación de novos bens ou servizos ou á mellora significativa de bens e servizos xa existentes.