Inicio > Recursos > Iniciativas

Iniciativas






Temos dispoñibles para consulta 5 iniciativas
Axudas a concellos para a iluminación pública exterior
Instituto Enerxético de Galicia - Inega

Axudas a concellos para a iluminación pública exterior

Economía e Industria destina 1,4 millóns a un programa que nos últimos seis anos ten beneficiado a preto de 230 concellos, o 75% do total  da Comunidade. A contía da axuda será do 70% do investimento, e incrementarase nun 15% para as agrupacións e fusións con respecto ao que lle correspondería a cada municipio de xeito individual.

Instituto Enerxético de Galicia - Inega

Plan de aforro e eficiencia na administración pública

Este plan pretende incidir de xeito notable no sector público, tanto polo potencial de aforro existente, como polo seu papel de liderazgo e exemplaridade que representa de cara á sociedade.

Instituto Enerxético de Galicia - Inega

Asesoría enerxética

O servizo de asesoría enerxética específico para os concellos e pemes ten por obxectivo facilitar a toma de decisións relacionadas co consumo eléctrico, contribuíndo á potenciación do aforro e a eficiencia enerxética.

Consellería de Economía e Industria

Mellora de infraestruturas dos parques empresariais (IN519B)

Mellora dos servizos e o acondicionamento de infraestruturas existentes ou de nova incorporación co fin de que as empresas radicadas nos parques empresariais de Galicia poidan dispoñer de condicións máis competitivas para desenvolver a súa actividade económica.

Optimizador da facturación eléctrica en instalacións municipais
Instituto Enerxético de Galicia - Inega; Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Optimizador da facturación eléctrica en instalacións municipais

Ferramenta informática que facilita aos concellos galegos o cálculo de tarifas eléctricas, amosándolles tanto as posibilidades de aforro neste campo como a contratación da subministración eléctrica máis adecuada ás súas necesidades.