Inicio > Recursos > Iniciativas

Iniciativas






Temos dispoñibles para consulta 7 iniciativas
Préstamos directos Igape-Jeremie
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Préstamos directos Igape-Jeremie

Iniciativa da Comisión Europea desenvolvida xunto co Fondo Europeo de Investimentos. A súa finalidade é promover o uso de instrumentos de enxeñaría financeira para mellorar o acceso das Pemes ao financiamento a través das intervencións dos Fondos Estruturais. Esta iniciativa permite utilizar parte dos Fondos Estruturais europeos asignados para investir en instrumentos reembolsables como fondos de capital risco, de préstamo ou de garantía.

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Base xeral de axudas

Base xeral de axudas organizadas por Consellerías da Xunta, Ministerios e outros entes.

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Plans territoriais

O Igape ten dispoñibles varios plans e inciativas para a dinamización do tecido empresarial. Teñen por obxecto achegar riqueza e equilibrio socioeconómico a determinadas zonas do territorio.

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Incentivos económicos rexionais

Subvencións a fondo perdido para o fomento do desenvolvemento económico rexional a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de correxir os desequilibrios territoriais existentes.

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Proxectos de investimento empresarial

Subvencións para o estímulo á posta en marcha de proxectos de investimento empresarial coa finalidade de dinamizar a actividade económica en Galicia , favorecento o desenvolvemento equilibrado do territorio.

Investingalicia
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Investingalicia

O Instituto Galego de Promoción Económica, a través do seu cualificado persoal técnico, está en disposición de ofrecer un exclusivo servizo de apoio integral ao investidor co fin de garantirlle un excelente ámbito de traballo para a correcta xestión e desenvolvemento do seu proxecto.

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Programa Galicia Inviste: proxectos de investimento empresarial

Subvencións para o estímulo á posta en marcha de proxectos de investimento empresarial coa finalidade de dinamizar a actividade económica en Galicia, favorecendo o desenvolvemento equilibrado do territorio.