Un proxecto que suma máis de 150 millóns de euros de investimento.
Tarifas vixentes establecidas no contrato de xestión de servizos públicos, na modalidade de concesión, consistente na verificación metrolóxica de diversos equipos de medida na fase de instrumentos en servizo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e taxas vixentes para os equipos que verifica directamente a administración a través do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.
Programa de servizos do IGAPE para a realización de proxectos mellora nas pemes galegas.
O obxectico é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións mediante o impulso da protección das innovacións técnicas (invencións).
É a ferramenta que a Comunidade Autónoma de Galicia pon a disposición da cidadanía e das empresas como porta de acceso á información actualizada e servizos on-line relacionados cos procedementos vinculados á D.X. de Enerxía e Minas.
Base xeral de axudas organizadas por Consellerías da Xunta, Ministerios e outros entes.
CIS Galicia desenvolve proxectos e aplicacións tecnolóxicas para as empresas de diversos sectores. O centro posúe experiencia na captura, tratamento e análise de datos de sensores tanto para control de calidade de produto como para outros usos e aplicacións sectoriais. Oriéntase a solucións de problemas concretos, desenvolvendo os seus propios sensores, coa súa electrónica, a programación de todos os elementos e a integración de equipos comerciais.
CIS Galicia, en colaboración cos centros de coñecemento de Galicia promove accións conxuntas para a aceleración da transferencia de tecnoloxías facilitadoras para pemes e micropemes, así como colaboracións nas últimas etapas de desenvolvemento e adaptación de tecnoloxías dos centros de coñecemento en casos de uso específicos para diversos sectores.
CIS Galicia conta cunha dilatada experiencia e coñecemento na prestación de servicios de vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva que ofrece desde o ano 1999 a todo tipo de organizacións: empresas, universidades, centros tecnolóxicos, plataformas tecnolóxicas, clusters, administración...
Unha das liñas de traballo do CIS Galicia é o deseño e xeración de aplicacións informáticas baseadas na realidade virtual e a realidade aumentada, a estereoscopía e a integración de distintos elementos hardware coas aplicacións desenvolvidas (HMI- Interface Human-Máquina).