Inicio > Recursos > Iniciativas

Iniciativas






Temos dispoñibles para consulta 8 iniciativas
Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Implantación de enerxías renovables

A Xunta de Galicia, coa finalidade de contribuír a acadar os obxectivos de cumprimento de xeración de electricidade a partir de fontes renovables, simplifica a normativa e os procedementos aplicables para a implantación e desenvolvemento destas tecnoloxías.

Re-Acciona: cando as persoas queren, as empresas poden
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Re-Acciona: cando as persoas queren, as empresas poden

Programa de servizos do IGAPE para a realización de proxectos mellora nas pemes galegas.

 

 

Instituto Enerxético de Galicia - Inega

Plan sectorial eólico

A aprobación do Plan Sectorial Eólico de Galicia permitiu dar un impulso decisivo ao desenvolvemento da política enerxética de Galicia, e regular a forte compoñente territorial das instalacións produtoras cuxa incidencia no territorio galego -polas características especiais do interese público que representan- transcende o termo municipal no que se localizan.

Axencia Galega de Innovación - Gain

Programa i2C Propiedade Industrial (IN525A)

O obxectico é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións mediante o impulso da protección das innovacións técnicas (invencións).

 

Oficina virtual de Industria
Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Oficina virtual de Industria

É a ferramenta que a Comunidade Autónoma de Galicia pon a disposición da cidadanía e das empresas como porta de acceso á información actualizada e servizos on-line relacionados cos procedementos vinculados á D.X. de Enerxía e Minas.

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Base xeral de axudas

Base xeral de axudas organizadas por Consellerías da Xunta, Ministerios e outros entes.

Proxecto ENTIC

Proxecto ENTIC

O proxecto ENTIC (Xestión intelixente e sostible da enerxía para a competitividade das Pemes na Eurorregión) é un programa de cooperación entre distintos organismos de Galicia-Norte de Portugal, cofinanciado con fondos europeos e cuxo obxectivo é promover a incorporación nas empresas de medidas de eficiencia, diversificación enerxética, e sistemas e ferramentas TIC que permitan reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e incrementar a eficacia no uso dos recursos.

Axencia Galega de Innovación - Gain

Programa i2C INN (IN848A)

Para as empresas, pequenas, medianas e grandes, está prevista a concesión de subvencións para a realización de investimentos innovadoras para o crecemento que permitan mellorar a competitividade da empresa incrementando a súa capacidade innovadora.

Con esta finalidade as axudas subvencionan os investimentos que permitan a diversificación da produción con novos ou mellorados produtos ou servizos ou supoñan unha transformación fundamental no proceso global de produción, incluídos os dirixidos especificamente a incrementar a capacidade tecnolóxica e innovadora da empresa.