O obxectivo do Fondo é apoiar proxectos empresariais de semilla-arranque e de expansión-consolidación que teñan un marcado carácter innovador e que resulten da potencial valorización do coñecemento xerado polos diferentes axentes do sistema galego de I+D+i.
A Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), elaborada pola Xunta en coordinación cos preto de 240 axentes do Sistema Galego de Innovación, é un mapa do que Galicia quere ser no futuro. O documento servirá de guía para o investimento de 1.600 millóns de euros en proxectos innovadores ata o ano 2020, aproveitando as fortalezas da economía galega para consolidar os seus sectores tractores e para crear novos nichos industriais de alto compoñente tecnolóxico.
A Xunta vén de poñer en marcha este proxecto para apoiar e atraer o investimento en materia de tecnoloxía e innovación. Esta liña de apoio ás unidades mixtas de investigación responde á vontade de atraer a Galicia proxectos de I+D+i de grandes empresas, de grandes xeradores de innovación; á convicción de que a política innovadora de Galicia debe focalizarse na transferencia de coñecemento e recursos do sector público ao privado, na valorización de ideas para crear riqueza e emprego; e por último, á aposta galega polo talento galego simbolizado nos nosos centros tecnolóxicos.
Realización de estadías fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente no estranxeiro, dirixidas a investigadores e técnicos contratados en centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación (OPI), que teñen centros de I+D+i radicados en Galicia, alleos ao Sistema Universitario de Galicia (SUG), co fin de que este persoal poida realizar actividades que melloren a súa formación, así como entrar en contacto con ambientes de investigación e innovación diferentes, mellorando os seus contactos neste ámbito.
O punto de encontro dos/as profesionais da innovación en Galicia.
CIS Galicia, en colaboración cos centros de coñecemento de Galicia promove accións conxuntas para a aceleración da transferencia de tecnoloxías facilitadoras para pemes e micropemes, así como colaboracións nas últimas etapas de desenvolvemento e adaptación de tecnoloxías dos centros de coñecemento en casos de uso específicos para diversos sectores.
CIS Galicia conta cunha dilatada experiencia e coñecemento na prestación de servicios de vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva que ofrece desde o ano 1999 a todo tipo de organizacións: empresas, universidades, centros tecnolóxicos, plataformas tecnolóxicas, clusters, administración...
Unha das liñas de traballo do CIS Galicia é o deseño e xeración de aplicacións informáticas baseadas na realidade virtual e a realidade aumentada, a estereoscopía e a integración de distintos elementos hardware coas aplicacións desenvolvidas (HMI- Interface Human-Máquina).
Xunto co desenvolvemento de proxectos de I+D+i, o CIS Madeira ofrece servizos tecnolóxicos avanzados tanto a profesionais coma a empresas do sector. Estes servizos están orientados basicamente cara ao control de calidade de materiais e produtos, a reenxeñería de procesos e o asesoramento sobre construción en madeira e sobre o uso da biomasa.
Galicia afronta neste quinquenio un reto fundamental: desenvolver un ecosistema de investigación e innovación suficientemente eficiente como para situar a economía galega en posición de competir nunha contorna global.