Economía e Industria apoia aos comerciantes galegos na modernización dos seus negocios potenciando a incorporación do smart commerce, novas ferramentas de xestión e melloras na presentación dos produtos. Como novidade, promoveranse ademais actuacións de mellora da imaxe exterior e o acondicionamento dos establecementos.
Toda a información sobre os master, cursos, bolsas, formación profesional... de interese para as persoas que traballan no sector do comercio.
Base xeral de axudas organizadas por Consellerías da Xunta, Ministerios e outros entes.
Son aquelas entidades físicas e xurídicas tanto públicas como privadas que desenvolvan en Galicia actividades de xeración, aplicación ou explotación de coñecemento orientado á creación de novos bens ou servizos ou á mellora significativa de bens e servizos xa existentes.
Bonificación dos custos financeiros das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 euros con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.
É un innovador proxecto co obxectivo de dispoñer dunha plataforma software libre que facilite o intercambio de información e a realización de procesos de vixilancia competitiva. Participan varias axencias de desenvolvemento rexional españolas, portuguesas e francesas, lideradas polo Igape, que colaboran para desenvolver redes de intercambio de información que permitan deseñar estratexias específicas de actuación nas súas diferentes áreas territoriais de influencia.