Inicio > Recursos > Iniciativas

Iniciativas






Temos dispoñibles para consulta 14 iniciativas
Os oficios tradicionais e as novas tendencias danse cita esta fin de semana na feira Corazón da Artesanía nos pendellos de Agolada
Fundación Pública Artesanía de Galicia

Os oficios tradicionais e as novas tendencias danse cita esta fin de semana na feira Corazón da Artesanía nos pendellos de Agolada

Os oficios tradicionais e as novas tendencias se dan cita unha vez máis esta fin de semana no conxunto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada, que do 3 ao 5 de xullo acolle a cuarta edición do Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, organizado pola Consellería de Economía e Industria.O evento, consolidado como un referente anual do sector, ofrece un concepto de artesanía moi amplo, porque se basea no produto artesán galego e na súa interrelación con outros sectores como a gastronomía, o turismo, a moda, a decoración ou a música, así como no seu achegamento a toda a sociedade.

Programa de renovación do tecido comercial
Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Programa de renovación do tecido comercial

Economía e Industria apoia aos comerciantes galegos na modernización dos seus negocios potenciando a incorporación do smart commerce, novas ferramentas de xestión e melloras na presentación dos produtos. Como novidade, promoveranse ademais actuacións de mellora da imaxe exterior e o acondicionamento dos establecementos.

Cursos e formación para comerciantes
Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Cursos e formación para comerciantes

Toda a información sobre os master, cursos, bolsas, formación profesional... de interese para as persoas que traballan no sector do comercio.

Rutas de Artesanía
Consellería de Economía e Industria; Fundación Pública Artesanía de Galicia

Rutas de Artesanía

Rutas de Artesanía é un proxecto conxunto da Consellería de Economía e Industria e de Turismo de Galicia co que a Xunta promove a posta en valor dos oficios tradicionais e o seu impulso como atractivo turístico. Nel, participan preto de 150 artesáns de toda Galicia que abren os seus obradoiros ao público.

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Microwebs de artesáns e artesás

Se estás inscrito/a no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia tes a posibilidade de crear a súa propia microweb dentro da páxina web institucional http://artesaniadegalicia.xunta.es como medio de promoción do teu traballo.

Revista
Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Revista "Obradoiro de Artesanía"

Publicación anual especializada en artesanía. Trátase dunha publicación de consulta para os artesáns e para os profesionais cuxo traballo se relacione dalgún xeito co sector da artesanía.

Plan Artesanía de Galicia 2014-2016
Fundación Pública Artesanía de Galicia; Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Plan Artesanía de Galicia 2014-2016

Consciente da importancia social, cultural, patrimonial e económica da artesanía galega, a Xunta de Galicia segue apostando por un sector artesán forte e capaz de adaptarse ás novas tendencias do mercado, motivo polo cal se realizou este plan, co obxectivo fundamental de desenvolver unha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector. O Plan configúrase como unha estratexia específica para a Artesanía de Galicia contando na súa elaboración coa participación do sector así como tendo en conta as súas achegas para alcanzar a mellor folla de ruta a seguir.

Encontro de torneiros
Fundación Pública Artesanía de Galicia

Encontro de torneiros

Dende o ano 2007 a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño asume a organización do Encontro de torneiros de madeira en Galicia, que se celebra anualmente en Xermade durante o mes de setembro.

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Enredando, artesanía na escola

Unha ambiciosa iniciativa dirixida a integrar os máis novos no sector da artesanía. A través da organización de demostracións de artesáns nos colexios, visitas aos obradoiros e outras actividades transversais aos programas escolares, a  Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño pretende achegarlle os diferentes oficios artesáns a nenos e rapaces.

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Tendas e obradoiros adheridos á marca "Artesanía de Galicia"

Consulta as tendas adheridas á marca Artesanía de Galicia e que, polo tanto, venden pezas de cando menos cinco obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía, así como os obradoiros.