Inicio > Recursos > Biblioteca
Compartir

Compártao :

Catálogo da exposición "Arte e tradición"

Fonte de información: Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño

Esta publicación recolle a exposición homónima sobre madeira torneada organizada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e resultado da sétima edición do Encontro de Torneiros celebrado en Xermade no ano 2007. "Arte e tradición", formada por 40 pezas seleccionadas polos propios artesáns participantes neste evento, percorreu as diferentes comarcas galegas durante todo o ano 2008. O catálogo recolle o traballo de 22 artesáns a través das fotografías realizadas polo torneiro Fernando Vérez.

 

 

Organización/s: Fundación Pública Artesanía de Galicia
Tema/s: Artesanía
Colectivo/s: Artesán/a