A través desta publicación quérese dotar aos responsables destas asociacións de comerciantes dunha ferramenta básica de apoio ao seu traballo tratando temas fundamentais, dunha forma sinxela e práctica, e dándolle prioridade á elaboración de pautas adaptadas ás súas necesidades. Unha mellor dirección e planificación redundará na mellora da actividade xerencial e, en definitiva, de todo o tecido comercial galego.