Inicio > Recursos > Biblioteca

Biblioteca






Temos dispoñibles para consulta 4 documentos
Fundación Pública Artesanía de Galicia

Catálogo "Artesanía como agasallo institucional e de empresa"

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño presenta unha escolma de pezas únicas e especiais, amparadas pola marca Artesanía de Galicia, orientadas ao agasallo institucional ou corporativo, que se presentarán coa embalaxe propia da marca. O catálogo 2011 está composto por 65 propostas relacionadas coa cerámica, a xoiería, o vidro, a olería, a madeira, o téxtil, o coiro ou a encadernación, elaboradas por 51 obradoiros artesáns. O obxectivo é poñer en valor o produto artesanal de calidade, feito en Galicia, e abrir novas liñas de mercado para o sector

 

 

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Guía de actividade empresarial "Artesanía en pedra"

O obxectivo fundamental das micro-guías de actividade é o de proporcionar ao emprendedor, en base á información contida na guía ou guías de actividade máis xenéricas que consultara, unha información específica a partir da cal concretar aspectos fundamentais para a súa empresa.

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Catálogo de encaixe galego tradicional

Proposta de restauración e renovación do deseño tradicional dos encaixes galegos. Componse de cen motivos típicos galegos representativos, coas súas correspondentes variantes e dúas coleccións de abecedarios. Cada un dos deseños contén unha ficha informativa de grande utilidade. O obxectivo desta obra é conseguir unha mostra das técnicas orixinais galegas, cos tipos de puntos, figuras e puntillas máis característicos de Galicia.

Autora: Concepción Canoura Leira

 

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Catálogo da exposición "Arte e tradición"

Esta publicación recolle a exposición homónima sobre madeira torneada organizada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e resultado da sétima edición do Encontro de Torneiros celebrado en Xermade no ano 2007. "Arte e tradición", formada por 40 pezas seleccionadas polos propios artesáns participantes neste evento, percorreu as diferentes comarcas galegas durante todo o ano 2008. O catálogo recolle o traballo de 22 artesáns a través das fotografías realizadas polo torneiro Fernando Vérez.