Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subvencións para o impulso da comercialización dixital. Convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN201G)
Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CO300A).
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a dinamización e revitalización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia
Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións, para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CO300B).
Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal e se procede a súa convocatoria para o ano 2020 (Código do procedemento CO300C)
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal.
Subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300D).
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a execución de proxectos ecoinnovadores no desenvolvemento da actividade comercial.
Concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN225A).
As bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e do seu ámbito.
ORDE do 23 de setembro de 2019 pola que se crea a Rede de Comercios e Mercados no Camiño, se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para fomentar a adhesión a ela, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CO300F)
Esta orde ten por obxecto a creación da Rede de Comercios e Mercados no Camiño, e a regulación do procedemento de adhesión a ela.
ORDE do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do comercio galego (código de procedemento IN214C)
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios do comercio galego como un recoñecemento institucional e social a aqueles comercios que apostas por situar o cliente no centro da súa estratexia, aproveitando todos os recursos á súa disposición co fin de achegarlle a súa oferta.
RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se convoca un programa extraordinario para o recoñecemento de actividades artesanais (código de procedemento CO300E)
Esta resolución ten por obxecto convocar un programa extraordinario de recoñecemento de actividades artesanais para que aquelas persoas que, realizando unha actividade artesanal das comprendidas na sección de actividades artesanais do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, e non posúan unha titulación adecuada nin experiencia profesional, poidan obter a carta de artesán que acredite esta condición.
ORDE do 9 de agosto de 2019 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 13 de marzo de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia, e se procede á súa convocatoria
O obxecto desta Orde é de poder amparar o maior número de solicitudes e posto que a dotación inicial resultaba insuficiente, tramítase o correspondente expediente de ampliación de crédito polo que cómpre incrementar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas subvencións dada a existencia de remanentes de créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.