Política de privacidade da aplicación móbil "Mercados e prazas de Galicia"
"Mercados e prazas de Galicia" é unha aplicación desenvolvida pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia para dar a coñecer as principais prazas, mercados e feiras de Galicia.
Para o seu funcionamento, a aplicación fai uso de elementos do terminal que requiren os seguintes permisos:
- Posición: aproximada ou precisa.
- Teléfono: consultar a identidade e o estado do teléfono.
- Fotos/multimedia/arquivos: ler, modificar ou eliminar o contido do almacenamento USB.
- Almacenamento: ler, modificar ou eliminar o contido do almacenamento USB.
- ID de dispositivo e datos de chamada: consultar a identidade e o estado do teléfono.
- Outros: ver conexións de rede e acceso completo á rede.
A aplicación emprega estes permisos exclusivamente para o seu correcto funcionamento á hora de posicionar ao/á usuario/a, de amosar os datos dos mercados e de optimizar a descarga de novas desde internet para reducir o consumo de datos.
En ningún caso se recollen ou empregan estes datos con outra finalidade que non sexa a comentada anteriormente.
Se desexa algunha aclaración pode contactar coa Dirección Xeral de Comercio a través dalgún dos medios indicados na sección de contacto da aplicación.