Inicio > > Doing Business > Temas de interese
Compartir

Compártao :

FORMACIÓN E CUALIFICACIÓNS

Competencias clave

Actualizado o: 20 xullo 2020

Para a mellora da calidade na formación para o emprego, o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, que regula os certificados de profesionalidade, establece criterios de acceso do alumnado para garantir que se posúe as competencias clave para cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade que lle facilitará a súa inserción laboral.

Aviso: Anulación das probas de competencias clave 2020

Resolución do 22 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se deixa sen efecto a Resolución do 13 de febreiro de 2020 pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

As probas de avaliación en competencias clave poñen en risco a saúde das persoas participantes, ao tratarse dunha actividade colectiva que mobiliza unha cifra estimada de preto de 4.000 persoas e que, ademais, se desenvolve nun espazo pechado. Por este motivo, non concorren as circunstancias que permitan asegurar o cumprimento das medidas de protección e seguridade que motiven a continuidade do procedemento, polo que, dentro do marco normativo derivado do estado de alarma e logo de ser oído o Consello Galego de Formación Profesional, resólvese deixar sen efecto a Resolución do 13 de febreiro.

En calquera caso, permitiráselles reactivar a inscrición a todas aquelas persoas que presentaron a súa solicitude en 2020, sempre que cumpran cos requisitos no tempo e forma procedentes e así o manifesten. O sistema de reactivación da solicitude virá recollido na convocatoria do ano 2021.

 

Instituto Galego das Cualificacións
981 546 856 / 981 541 562
ctb.igcualif@xunta.gal

 

 

Tema/s: Formación e cualificacións