Emprego
Cerrar buscador
Compartir

Compártao :

CORONAVIRUS

Emprego

  • Emprego

APOIOS PARA PERSOAS TRABALLADORAS ACOLLIDAS A ERTES

A Xunta activa unha liña de apoios para que cada traballador/a galego/a acollido/a a un expediente de regulación temporal de emprego (Erte) autorizado e que aínda non cobrara as prestacións por desemprego do Goberno central poida recibir de forma inmediata un anticipo de 1.500 euros, cun tope mensual de 750. O convenio, acordado coas entidades financeiras, permitirá aos/ás empregados/as solicitar un adianto ata que a Administración estatal realice os pagos correspondentes.

Así, poderán ser beneficiarias desta nova liña as persoas que presten os seus servizos laborais en Galicia, que están incluídas en Erte aprobados como consecuencia da crise sanitaria provocada pola COVID-19 e que aínda non recibiron as prestacións que lle corresponden por parte do Goberno. Os adiantos estarán libres de xuros e de comisións.

As contías dos anticipos estableceranse en función das mensualidades que cada empregado/a teña pendente de cobro e poderán chegar ata 750 euros ao mes, no caso de persoas con contratos a xornada completa e afección do Erte ao 100% da xornada. Se o contrato fose a tempo parcial ou o Erte afectase só a unha parte da xornada, o adianto reducirase proporcionalmente. 

Máis información nos teléfonos 900 815 600 e 900 815 151 e na web de Emprego Galicia (https://emprego.xunta.gal).

A Xunta conta tamén con axudas para apoiar a persoas traballadoras incluídas en expedientes de regulación temporal de emprego (Erte) por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción.

Os apoios van dirixidos a Ertes que afecten a un máximo de 300 traballadores/as por centro da empresa con axudas que teñen un dobre obxectivo: compensar a perda adquisitiva das persoas empregadas e darlles formación para o que se lle financiará á empresa os custos. Máis información aquí

A Xunta, ademais, destina 2M€ a axudas para persoas traballadoras con 55 ou máis anos de idade que estean afectadas por Eres de extinción derivados de empresas en crise. Máis información aquí

 

REGULACIÓN DO EMPREGO

A Administración autonómica está traballando desde a máxima cooperación con todos os axentes económicos e sociais a través dunha comisión –liderada por Sanidade– que está a facer un seguimento da situación actual, sempre en coordinación co Goberno de España e o resto de CC AA.

Empresarios/as e sindicatos deben apelar ao diálogo e o consenso, para establecer, na medida do posible, modalidades de traballo baseadas na flexibilidade, reorganización laboral e o teletraballo.

 

SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

A prioridade da Xunta é velar pola saúde dos traballadores e traballadoras que teñen que acudir aos seus centros de traballo nestes días. O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) elaborou esta guías de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus.

 

OFICINAS DE EMPREGO

A Xunta de Galicia vén de ampliar ata o próximo 31 de decembro a renovación automática da demanda de emprego co obxectivo de evitar á cidadanía desprazamentos, polo que non será necesario renovar a demanda ata despois desa data.

Para garantir un adecuado control de aforo e acceso e organizar de forma axeitada os servizos á cidadanía, a atención presencial segue a realizarse exclusivamente a través do sistema de cita previa. Deste xeito, pode solicitarse con 24 horas de antelación e por calquera persoa interesada, a través do portal de Emprego Galicia (https://emprego.xunta.es/citaprevia/) ou do servizo de atención telefónica 012.