Contacto
Cerrar buscador
Compartir

Compártao :

CORONAVIRUS

Contacto

Contacto

Igape Responde é unha nova ferramenta que reforza e reorganiza a asistencia e o asesoramento ao tecido produtivo galego ante a situación económica provocada pola covid-19. Este servizo está dispoñible no teléfono gratuíto 900 815 151 e no correo electrónico igaperesponde@igape.es.

 

Contacto

 

Para consultas relacionadas co ámbito laboral ou empresarial na situación actual polo COVID-19, a Xunta pon a disposición de pemes, autónomos e traballadores a LIÑA EMPRESA: o teléfono gratuíto 900 815 600, dispoñible de luns a venres de 8 a 18 horas. 

 

PLATAFORMA GOHU

Poñemos en marcha un servizo de información a través da plataforma Gohu para estar máis cerca  do tecido empresarial galego e dos axentes que conforman o mercado laboral galego.

A través desta canle, achégase información de todas as axudas e as principais normativas vinculadas á problemática do coronavirus. De igual xeito, a plataforma informará tamén das principais novidades que trasladen desde a Administración Xeral do Estado.

Enlace á plataforma Gohu: https://www.gohu.es/

 

OFICINAS DE EMPREGO

Aquí podes atopar o teléfono de contacto das diferentes oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia: https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-oficinas.html

 

INFORMACIÓN SOBRE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Na web do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) podes atopar toda a información sobre recomendacións neste eido na actual situación.

Para consultas específicas neste ámbito podes contactar co ISSGA.

 

INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR E NORMATIVA COMERCIAL

Para dúbidas sobre normativa comercial podes contactar coa Dirección xeral de Comercio e Consumo neste correo electrónico cei.dxc@xunta.gal

No ámbito da información ao consumidor, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia conta co teléfono gratuíto 900 23 11 23.