Axudas económicas
Cerrar buscador
Compartir

Compártao :

CORONAVIRUS

Axudas económicas

  • Axudas economicas

A Administración autonómica traballa co principal obxectivo de garantir a saúde dos galegos e galegas, ao tempo que se desenvolven os apoios precisos para que o tecido empresarial poida facer fronte o mellor posible á situación actual.

Neste contexto están activas diferentes liñas de apoio como:

 

PLAN DE DIXITALIZACIÓN

O Plan de transformación dixital dos/as autónomos/as, as pequenas e medianas empresas e o comercio galego impulsado pola Xunta de Galicia busca que gañen en competitividade no novo contexto económico.

Nestes momentos están activos programas como o Cheque de dixitalización e a iniciativa Galicia Exporta Dixital.

 

LIQUIDEZ

INXECCIÓN INMEDIATA DE LIQUIDEZ para o tecido empresarial, con especial atención a autónomos e pemes, a través dunha liña de financiamento que permita mobilizar 250M€.

Tamén se activa unha liña de microcréditos que permitirá mobilizar 50 millóns de euros.

Máis información aquí e na web do Igape

APRAZAMENTO DAS COTAS de amortización e xuros da liquidación de todos os préstamos formalizados coa Xunta de Galicia e que mobilizan 265M€.

Máis información aquí: http://www.xesgalicia.es/

 

INDUSTRIALIZACIÓN

A Xunta ten activa unha liña dotada con 5 millóns de euros para proxectos de investimento levados a cabo polas empresas galegas que permitan a fabricación de produtos relacionados coa COVID-19.

Máis información aquí: http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP397

 

INNOVACIÓN

A Xunta impulsa con 600.000 euros a nova aceleradora Connect-19 en colaboración coa Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia.

Esta iniciativa, que vén de poñerse en marcha, permitirá consolidar ao longo de cinco meses un total de 20 proxectos de pemes centrados no desenvolvemento de solucións innovadoras fronte á COVID-19. Ademais, a Axencia Galega de Innovación (Gain) ten en marcha axudas para apoiar proxectos de investigación relacionados coa enfermidade da COVID-19 e o desenvolvemento de fármacos e vacinas eficaces. Máis información aquí: http://gain.xunta.gal/artigos/435/proxectos+investigacion+covid-19+presentados+convocatoria+do+isciii