Axudas económicas
Cerrar buscador
Compartir

Compártao :

CORONAVIRUS

Axudas económicas

  • Axudas economicas

A Administración autonómica traballa co principal obxectivo de garantir a saúde dos galegos e galegas, ao tempo que se desenvolven os apoios precisos para que o tecido empresarial poida facer fronte o mellor posible á situación actual.

Neste contexto aprobáronse as seguintes liñas de apoio:

REACTIVA COMERCIO E SERVIZOS SEGUROS

A Xunta destina 16 millóns de euros á nova liña de axudas destinada aos sectores do comercio, o turismo, os servizos e o transporte para facilitar a súa volta á actividade achegando a máxima confianza aos consumidores no novo contexto económico. Así,  o programa Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros –no que colaboran as consellerías de Economía, Emprego e Industria; Cultura e Turismo; e Infraestruturas e Mobilidade– achega apoios inmediatos para que pemes e autónomos/as poidan instalar medidas de protección para traballadores/as e clientes. As iniciativas subvencionadas poden ser novas ou estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma.

Máis información aquí.

Contacto

 

PLAN DE DIXITALIZACIÓN

O Plan de transformación dixital dos/as autónomos/as, as pequenas e medianas empresas e o comercio galego impulsado pola Xunta de Galicia busca que gañen en competitividade no novo contexto económico. Máis información

 

CHEQUE AUTÓNOMO

O cheque autónomo Seguimos Adiante conta cun orzamento de 16M€ e ofrecerá financiamento do 100%, ata un límite de 1.800 euros, do custo de determinados gastos correntes, como loxística e transporte de envíos (ata 3€ por envío); o pago por estar nunha plataforma de e-commerce local; o pago por licenza de uso de software de venda on line; promoción en redes sociais; gastos correntes de seguridade motivados pola covid-19, entre os que se encontran os gastos en máscaras, guantes, desinfectante, limpeza, biombos e asesoramento en prevención de riscos laborais; e os gastos de subministracións e telecomunicacións.

 

LIQUIDEZ

INXECCIÓN INMEDIATA DE LIQUIDEZ para o tecido empresarial, con especial atención a autónomos e pemes, a través dunha liña de financiamento que permita mobilizar 250M€.

Tamén se activa unha liña de microcréditos que permitirá mobilizar 50 millóns de euros.

Máis información aquí e na web do Igape

APRAZAMENTO DAS COTAS de amortización e xuros da liquidación de todos os préstamos formalizados coa Xunta de Galicia e que mobilizan 265M€.
Máis información aquí: http://www.xesgalicia.es/

 

INDUSTRIALIZACIÓN

A Xunta ten activa unha liña dotada con 5 millóns de euros para proxectos de investimento levados a cabo polas empresas galegas que permitan a fabricación de produtos relacionados coa COVID-19.

Máis información aquí: http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP397

LIÑA DE FINANCIAMENTO DE 10M€ PARA REESTRUTURACIÓN de procesos produtivos nas empresas para fabricar equipos de protección e desenvolver solucións innovadoras para combater o coronavirus.
Máis información aquí: http://www.xesgalicia.es/gl/content/activada-unha-lina-de-financiamiento-para-producir-material-de-proteccion-ante-o-coronavirus

 

INNOVACIÓN

A Xunta impulsa con 600.000 euros a nova aceleradora Connect-19 en colaboración coa Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia.

Esta iniciativa, que vén de poñerse en marcha, permitirá consolidar ao logo de cinco meses un total de 20 proxectos de pemes centrados no desenvolvemento de solucións innovadoras fronte á COVID-19.