Portada > > Biografía da conselleira

Biografía da conselleira

Compartir
Actualizado o: 16 xuño 2023

Biografía da conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana Somoza

Naceu na Coruña en 1981. Licenciouse en Dereito pola Universidade da Coruña (promoción 2004) e posteriormente cursou estudos superiores de Dereito Autonómico polo Instituto de Dereito Público de Barcelona. 

Entrou a formar parte da escala de letrados da Xunta de Galicia por oposición en maio de 2007, ocupando diversos postos  tanto na Asesoría Xurídica Xeral como na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e na Presidencia da Xunta. 

Desempeñou ademais o posto de secretaria xeral técnica nas consellerías de Traballo e Benestar (2013-2015), Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (2015-2018) e Medio Rural (2018-2020).

Foi conselleira de Emprego e Igualdade desde setembro de 2020 a xuño de 2023, cando tomou posesión como conselleira de Economía, Industria e Innovación.