Inicio > Accesibilidade
Compartir

Compártao :

ACCESIBILIDADE

Declaración de accesibilidade

Actualizado o: 20 febreiro 2020

A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. falta de conformidade co RD 1112/2018:
    • Algúns contidos non están representados correctamente o que pode derivar en problemas para procesar a información proporcionada afectando aos requisitos 9.1.1.1 Contido non textual, 9.1.3.1 Información e relacións e 9.2.4.4 Propósito das ligazóns en contexto de UNE-EN 301 549:2019.
    • A caixa para realizar a busca no portal non ten unha etiqueta axeitada que identifique o seu propósito claramente [requisito número 9.3.3.2 Etiquetas e instruccións de UNE-EN 301 549:2019].
    • Poderían existir fallos puntuais de edición nalgunha páxina web afectando aos requisitos número 9.1.3.1 Información e relacións e 9.4.1.1 Procesamento de UNE-EN 301 549:2019.
  2. carga desproporcionada: non aplica.
  3. o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.

 

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 13/02/2020.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Última revisión da declaración: 13/02/2020.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial.

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

Data de última revisión

A última revisión de accesibilidade foi realizada o 13/02/2020.

Atallos de teclado

Segundo o sistema operativo, os navegadores fan uso dunha combinación de teclas determinada para permitir o acceso aos atallos de teclado. Habitualmente, no sistema operativo Mac esta combinación é Ctrl + ⌥ Opt. No resto de sistemas operativos a combinación é Alt ou Alt + ⇧ Shift.

Este portal utiliza, xunto coa combinación de teclas do seu navegador, os seguintes atallos:

  • 0: Inicio
  • L: Lector de contidos Readspeaker