Compartir
Compártao :
A CONSELLERÍA
Secretaría Xeral Técnica
Decreto 175/2015, do 3 de decembro
Artigo 5. Atribucións
Baixo a superior dirección da persoa titular da Consellería, consonte o artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Secretaría Xeral Técnica exercerá as competencias e funcións nel establecidas, así como aqueloutras que lle sexan delegadas ou encomendadas pola persoa titular da Consellería e as restantes que lle atribúa o ordenamento xurídico, entre elas as seguintes:
- O asesoramento e coordinación de todos os órganos, servizos e entidades instrumentais adscritos á Consellería.
- A emisión dos informes e a realización dos estudos técnicos e xurídicos correspondentes aos asuntos de que coñezan a Consellería ou as entidades públicas instrumentais adscritas a ela.
- A remisión dos asuntos que deban someterse ao Consello da Xunta de Galicia ou ás súas comisión delegadas.
- O seguimento da tramitación e rexistro dos convenios, acordos, protocolos e declaracións subscritos no ámbito competencial da Consellería.
- A representación da Consellería nos órganos colexiados que exerzan funcións relacionadas coas súas competencias.
- A substitución temporal, nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade, das persoas titulares das direccións xerais da Consellería a que se refire a disposición adicional primeira.
- As derivadas da aplicación da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, no ámbito da Consellería.
Artigo 6. Estrutura
A Secretaría Xeral Técnica estrutúrase, para o exercicio das súas funcións e baixo a superior dirección do/da conselleiro/conselleira, nos seguintes órganos e unidades administrativas:
- Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa
- Servizo de Asuntos Xerais e Réxime Interno
- Servizo de Recursos Humanos
- Servizo Técnico Xurídico
- Servizo Técnico Administrativo
- Subdirección Xeral de Coordinación Económica
- Servizo de Seguimento e Coordinación Orzamentaria
- Servizo de Xestión Económica
- Servizo de Contratación
- Servizo de Proxectos e Obras
- Servizo de Igualdade
- Asesoría Xurídica de Enerxía, Minas e Comercio
- Asesoría Xurídica de Economía e Innovación
- Asesoría Xurídica de Emprego
- Intervención Delegada
Normativa
Organización/s: Secretaría Xeral Técnica