Inicio > A Consellería > Secretaría Xeral de Emprego
Compartir

Compártao :

A CONSELLERÍA

Secretaría Xeral de Emprego

  • Organización

Decreto 135/2017, do 28 de decembro 

Artigo 35. Atribucións

Como órgano superior da Consellería de Economía, Emprego e Industria, corresponderán á Secretaría Xeral de Emprego, as seguintes funcións:

  • A participación na elaboración e deseño das estratexias de emprego e dos correspondentes plans anuais de política de emprego, así como a formulación de propostas de inclusión de medidas e programas concretos neles.
  • A dirección, coordinación, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de emprego, relacións laborais, seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, cooperativas e outras entidades de economía social e, en concreto, o exercicio de funcións en materia de lexislación laboral e en prevención de riscos laborais, e todas aquelas que como autoridade laboral debe desenvolver en virtude das competencias que corresponden á Consellería.
  • O impulso e desenvolvemento das políticas de igualdade laboral e de medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral nas empresas.
  • As competencias funcionais sobre a Inspección de Traballo e Seguridade Social en materia laboral, as de prevención de riscos laborais asignadas á Comunidade Autónoma de Galicia, así como as de coordinación coa Administración xeral do Estado para a execución dos plans de actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
  • O coñecemento e resolución dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións ditadas nos procedementos tramitados para a imposición de sancións nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrución do labor inspector, polos órganos territoriais, de conformidade co Decreto 70/2008, do 27 de marzo, sobre distribución de competencias entre os órganos da Administración autonómica galega para a imposición de sancións nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrución do labor inspector.
  • A dirección, coordinación, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma atribuídas á Consellería en materia de fomento do emprego, apoio ao autoemprego e á integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade e das que lle atribúan as normas de desenvolvemento en Galicia do Estatuto do traballo autónomo.
  • A dirección e xestión das funcións atribuídas á Consellería en materia de fomento da colaboración coas administracións e institucións públicas e con entidades sen ánimo de lucro.
  • A coordinación da xestión e supervisión do funcionamento dos centros, tanto propios como dependentes doutras entidades, así como a prestación da asistencia técnica necesaria para o correcto desenvolvemento das súas actividades, sen prexuízo das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica.
  • O exercicio das competencias atribuídas pola normativa reguladora dos órganos colexiados de asesoramento e participación en materia de emprego, relacións laborais e de persoas traballadoras autónomas e de entidades de economía social.
  • A elaboración do anteproxecto de orzamento e a memoria de funcionamento do seu centro directivo, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.
  • As derivadas da aplicación do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, no ámbito da Consellería.

 

Artigo 36. Estrutura

A Secretaría Xeral de Emprego estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

  • Subdirección Xeral de Relacións Laborais
    • Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral
    • Servizo de Réxime Xurídico
  • Subdirección Xeral de Emprego
    • Servizo de Emprego por Conta Allea
    • Servizo de Emprego Autónomo
    • Servizo de Programas de Cooperación
  • Subdirección Xeral de Economía Social
    • Servizo de Promoción da Economía Social
    • Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
  • Servizo de Verificación de Fondos
  • Servizo de Igualdade