Dende
Ata

Temos dispoñibles para consulta 500 novas
A iniciativa da Xunta ‘Comercio con talento’ premia as tendas coruñesas Varaston, Crafty Lu, Ai! Carmiña e a queixería da praza de Vigo
31/07/2019 15:35

A iniciativa da Xunta ‘Comercio con talento’ premia as tendas coruñesas Varaston, Crafty Lu, Ai! Carmiña e a queixería da praza de Vigo

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe os diplomas aos negocios, galardoados a proposta de alumnos do IES Ramón Menéndez Pidal

Neste certame os estudantes deben elaborar un proxecto sobre unha tenda da súa zona que destaque pola súa calidade, que logo é avaliada por un xurado experto

Búscase así facilitar o contacto do alumnado de ciclos relacionados co comercio coa realidade do sector, complementando a súa formación e permitindo aumentar o seu coñecemento das novas tendencias do mercado

Dezaoito alumnos formáronse nas especialidades de albanelaría, urbanización e construción no obradoiro de emprego que, co apoio da Xunta, compartiron A Pontenova, Negueira de Muñiz e A Fonsagrada
31/07/2019 13:48

Dezaoito alumnos formáronse nas especialidades de albanelaría, urbanización e construción no obradoiro de emprego que, co apoio da Xunta, compartiron A Pontenova, Negueira de Muñiz e A Fonsagrada

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, participou hoxe no acto de clausura e entrega de diplomas desta iniciativa que contou cunha achega de 288.000 euros da Consellería de Economía, Emprego e Industria

O obradoiro serviu tamén para executar diversas obras de interese xeral: o acondicionamento dos locais sociais de Xudán (A Pontenova) e A Pobra do Burón (Fonsagrada) e a recuperación dun antigo pozo en Bustelo e da área coñecida como Casa dos Cazadores (Negueira de Muñiz)

Ovidio Rodeiro clausura o obradoiro de emprego de Melide que formou a 20 alumnos en xardinería e mantemento de zonas verdes
31/07/2019 13:04

Ovidio Rodeiro clausura o obradoiro de emprego de Melide que formou a 20 alumnos en xardinería e mantemento de zonas verdes

O delegado territorial destacou que a comarca de Santiago contou en 2018 cun total de 11 talleres de formación e emprego grazas a un investimento da Xunta de 2,6 millóns de euros

A Xunta incrementa as axudas aos centros tecnolóxicos ata os 8 M€ para apoiar proxectos de I+D+i e converter Galicia nunha potencia científico-técnica
31/07/2019 12:07

A Xunta incrementa as axudas aos centros tecnolóxicos ata os 8 M€ para apoiar proxectos de I+D+i e converter Galicia nunha potencia científico-técnica

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza co presidente de Atiga, Juan Manuel Vieites, para darlle a coñecer as novidades dos apoios aos contratos programa

A Administración galega aumenta o programa nun 23,6% co obxectivo de consolidar e estruturar unidades de investigación competitivas apoiando a innovación tecnolóxica de Galicia co foco posto no eido biosanitario

As axudas serán por primeira vez plurianuais para garantir unha maior certeza económica aos centros e poderán solicitar un pagamento anticipado de ata o 75% facilitando a inxección económica para os propios proxectos

Conde destaca a importancia de promover a excelencia científico-técnica en Galicia, formar, captar e reter o talento e fomentar o sector sanitario como un motor económico para a Comunidade galega

Galicia é a segunda comunidade autónoma que máis incrementou a súa aposta pola I+D duplicando os esforzos que se están a facer no resto de España

A Xunta pon en valor a participación da USC no Consorcio Europeo de Infraestruturas de Investigación para avanzar no descubrimento temperán de fármacos
30/07/2019 17:11

A Xunta pon en valor a participación da USC no Consorcio Europeo de Infraestruturas de Investigación para avanzar no descubrimento temperán de fármacos

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou hoxe o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC para coñecer os primeiros resultados da plataforma Innopharma tras a súa participación no Consorcio Europeo de Infraestruturas de Investigación

A Consellería de Economía, Emprego e Industria asinou un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para cofinanciar a súa participación nesta grande infraestrutura de investigación a nivel internacional

A iniciativa permítelle á Universidade incrementar capacidades, captar, atraer e reter talento, así como fortalecer o seu posicionamento e incrementar a súa proxección internacional

A Universidade de Santiago de Compostela, xunto coa de Vigo, son as primeiras entidades galegas que forman parte destas grandes infraestruturas científicas de investigación europeas

30/07/2019 16:55

A Xunta destaca en Cambre que a cooperación entre a Xunta e os concellos incrementa as oportunidades laborais dos galegos

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego ‘Proxedis II. Profesionais en xeriatría e discapacidade’

Un total de 20 alumnos e alumnas recibiron ao longo de nove meses formación, ao tempo que accederon a un contrato de traballo, na especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

Trátase dun programa dual, xa que a partir de agora os participantes terán a posibilidade de traballar tres meses máis nunha empresa da contorna na especialidade na que se cualificaron

Toca agradeceu ao Concello de Cambre a súa implicación e sinalou que a maior formación máis posibilidades existen para competir nun mercado cada vez máis esixente polo que a Xunta está a investir 65 M€ para mellorar a cualificación de case 16.800 desempregados

Conde apela á suma de esforzos para que o naval galego continúe coa súa expansión internacional e o seu liderado a nivel nacional
30/07/2019 13:40

Conde apela á suma de esforzos para que o naval galego continúe coa súa expansión internacional e o seu liderado a nivel nacional

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago de Compostela na asemblea na que o Clúster do naval galego (Aclunaga) nomeou ao seu novo presidente, Manuel Vázquez

Destacou que o sector conta co respaldo da Xunta que está apostando por unha Galicia máis preparada e máis innovadora, dous ámbitos nos que se leva mobilizados só para a industria naval 50M€ nos tres últimos anos

Puxo en valor a solvencia e a competitividade da industria naval, froito do labor do sector e do Clúster que traballa da man das administracións, as universidades e os centros de coñecemento, os sindicatos e as asociacións sectoriais

Galicia conta coa segunda maior carteira de pedidos de Europa, só por detrás dos Países Baixos, a industria representa o 4,3% do PIB galego e conta nas súas filas con 5 dos 10 mellores estaleiros privados de toda España

Os emprendedores do coworking de Ourense apostan polas solucións TIC e os servizos personalizados de calidade
30/07/2019 13:28

Os emprendedores do coworking de Ourense apostan polas solucións TIC e os servizos personalizados de calidade

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), José Ignacio Lema, participou hoxe en San Cibrao das Viñas na clausura da segunda edición da aceleradora, que apoia a Administración autonómica coa colaboración da Escola de Organización Industrial (EOI)

Salienta que os 16 novos empresarios promoven a valorización dos recursos do territorio, a creatividade e produción sostible

O espazo de aceleración desenvolto no CIS Madeira leva impulsado 33 plans empresariais dos que 14 xa están en marcha, con 22 postos de traballo vinculados

Ovidio Rodeiro clausura o obradoiro de emprego de Muros que formou a 20 alumnos en interpretación e educación ambiental e en atención sanitaria a domicilio
30/07/2019 13:09

Ovidio Rodeiro clausura o obradoiro de emprego de Muros que formou a 20 alumnos en interpretación e educación ambiental e en atención sanitaria a domicilio

O delegado territorial destacou que a comarca de Barbanza contou en 2018 cun total de 6 talleres de formación e emprego grazas a un investimento da Xunta de 1,4 millóns de euros

Galicia Calidade certifica os xeados artesanais da empresa ourensá La Central Heladera
30/07/2019 12:17

Galicia Calidade certifica os xeados artesanais da empresa ourensá La Central Heladera

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, fixeron entrega en San Cibrao das Viñas do distintivo

Coa incorporación desta compañía especializada na elaboración de xeado artesán 100% galego, o selo de garantía suma máis de 400 produtos e servizos de máis de 115 empresas galegas