Inicio > > Novas
Dende
Ata

Temos dispoñibles para consulta 393 novas
Fernández-Tapias pon en valor a capacidade de reinvención das empresas viguesas con proxectos como o de Vigomask
16/11/2020 16:14

Fernández-Tapias pon en valor a capacidade de reinvención das empresas viguesas con proxectos como o de Vigomask

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou hoxe a produción de máscaras liderada polas firmas viguesas Borda y Más e Lineaparami do Grupo Belty

A nova liña de produto conta cunha capacidade de fabricación de 30.000 unidades diarias certificadas pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios
 

A Xunta avalía co Consello Galego de Enxeñerías o potencial da futura Lei de reactivación económica para atraer proxectos cara a Galicia
15/11/2020 10:45

A Xunta avalía co Consello Galego de Enxeñerías o potencial da futura Lei de reactivación económica para atraer proxectos cara a Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes da entidade, que agrupa a oito colexios de enxeñeiros presentes na Comunidade

A normativa que se está a elaborar avanzará na simplificación administrativa, facilitando o labor de diferentes colectivos profesionais

Anima ao Consello a presentar na Oficina de Proxectos Tractores novas propostas que permitan contar con máis oportunidades de acceso aos fondos europeos

Conde resalta que Galicia e Europa comparten o obxectivo de que a transición ecolóxica sexa un impulso á recuperación económica e social
13/11/2020 13:14

Conde resalta que Galicia e Europa comparten o obxectivo de que a transición ecolóxica sexa un impulso á recuperación económica e social

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro coa directora de Política Enerxética da Comisión Europea, Cristina Lobillo

Lembra que a Xunta defende unha transición ecolóxica xusta, ordenada e planificada, articulando medidas de acompañamento para a industria e para os sectores que se están vendo máis afectados, como o electrointensivo

Galicia quere aproveitar este proceso para despregar nova potencia renovable, crear unha industria máis sustentable, xerar emprego e atraer investimentos

Para contar con novas vías de financiamento para os proxectos que se activen co Fondo de Transición Xusta e o Fondo Next Generation, Conde reúnese tamén hoxe co vicepresidente do Banco Europeo de Investimentos (BEI), Ricardo Mourinho

A Xunta destaca o importante papel de Gradiant na dixitalización das pemes galegas
13/11/2020 12:48

A Xunta destaca o importante papel de Gradiant na dixitalización das pemes galegas

Dende o pasado luns, Gradiant acolle a Virtual Demoweek, na que presentaron a preto de 200 persoas os últimos avances tecnolóxicos do centro en ámbitos como a ciberseguridade, a conectividade 5G, os UAV, a Industria 4.0 e a Intelixencia Artificial

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, clausurou hoxe o evento
 

A Xunta subliña a importancia de impulsar o uso de madeiras locais na rehabilitación e na nova construción para consolidar a cadea de valor
13/11/2020 12:33

A Xunta subliña a importancia de impulsar o uso de madeiras locais na rehabilitación e na nova construción para consolidar a cadea de valor

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou na inauguración das ‘VI xornadas de rehabilitación. Máis madeira’ organizadas polo Clúster da Madeira e o Deseño

A Xunta vén de resolver a orde de axudas para fomentar o uso de madeira que permitirá mobilizar 13M€ co apoio a case un centenar de proxectos referidos a naves, locais comerciais e rehabilitación ou construción de vivendas unifamiliares
 

Conde informa a AJE da nova liña de préstamos dirixida aos autónomos e empresarios con máis dificultades de liquidez
13/11/2020 10:33

Conde informa a AJE da nova liña de préstamos dirixida aos autónomos e empresarios con máis dificultades de liquidez

A medida, aprobada onte en Consello, conta cun orzamento de 10M€ e complementa o resto de programas de axudas ao financiamento do tecido empresarial postos en marcha desde o inicio da pandemia

Na reunión que mantivo o vicepresidente económico coa directiva de AJE tamén se avaliou o potencial da futura Lei de reactivación de Galicia

A Xunta resalta o papel dos axentes do Diálogo Social no desenvolvemento de medidas cara á reactivación económica
12/11/2020 18:11

A Xunta resalta o papel dos axentes do Diálogo Social no desenvolvemento de medidas cara á reactivación económica

Os titulares de Economía, Facenda e Emprego da Xunta reuníronse en Santiago de Compostela con interlocutores da patronal e dos sindicatos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, animou aos axentes socioeconómicos a identificar propostas para que poidan optar aos fondos europeos de reconstrución Next Generation

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avogou pola escoita como elemento imprescindible para avanzar propostas para a recuperación como o Plan de rescate de persoas traballadoras autónomas e microempresas

A Xunta impulsa as vendas das pemes galegas no exterior a través da internacionalización dixital
12/11/2020 10:31

A Xunta impulsa as vendas das pemes galegas no exterior a través da internacionalización dixital

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada en liña organizada en colaboración coa plataforma exportadigital.es

Responsables dos departamentos de vendas de empresas líderes en comercio dixital e do Clúster da Función Loxística de Galicia expuxeron as claves para avanzar neste eido

A Xunta reitera o seu apoio ao fortalecemento da presenza das empresas galegas nos Estados Unidos
11/11/2020 18:40

A Xunta reitera o seu apoio ao fortalecemento da presenza das empresas galegas nos Estados Unidos

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na apertura do X Foro Empresarial España-Estados Unidos, organizado pola Cámara de Comercio España-EEUU en Nova York en colaboración coa Cámara da Coruña

Subliña que as pemes deben apostar polas novas canles de comercialización para incrementar a súa presenza exterior no novo contexto socioeconómico

A Administración autonómica demostra o seu compromiso coa internacionalización do tecido empresarial co reforzo e a redefinición dos programas Galicia Exporta e Foexga, especialmente no eido dixital

O Polo Aeroespacial de Galicia acolle as probas finais de voo do Targus, o avión opcionalmente pilotado de Indra e Xunta
11/11/2020 14:42

O Polo Aeroespacial de Galicia acolle as probas finais de voo do Targus, o avión opcionalmente pilotado de Indra e Xunta

A aeronave está pensada para dar apoio en misións de busca e rescate, extinción de incendios, protección medioambiental e do territorio e control de usos do solo

Trátase do avión opcionalmente pilotado civil máis avanzado desenvolto ata agora en España