A Axencia Galega de Innovación achega un simulador de vernizado ao CIFP Santiago para incorporar ao ciclo formativo relacionado cos acabados da madeira
Este simulador permitirá optimizar a avaliación do alumnado, así como aforrar custos e evitar o uso de materias contaminantes
A tecnoloxía foi desenvolta no marco do proxecto FUTUREfacing, liderado por Gain co obxectivo de transferir á formación dos futuros profesionais do sector o coñecemento sobre acabados e revestimentos presente na industria do moble
Ao longo de 2020, a Xunta de Galicia dotou aos seus centros de formación profesional de madeira e moble co equipamento necesario para empregar este simulador o vindeiro curso
A Xunta apoia o oficio das palilleiras artesás no marco da II Mostra Virtual do Encaixe de Camariñas
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na inauguración da exposición ‘Palilleiras presente e futuro’
A Xunta destaca o potencial emprendedor do sector biotecnolóxico galego nunha visita á spinf-off Celtarys Research
A empresa de base tecnolóxica, de recente constitución, desenvolve ferramentas fluorescentes para acelerar o descubrimento de fármacos
A tecnoloxía que está detrás da spin-off foi validada técnica e comercialmente a través do programa Ignicia da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié
Celtarys Research participou tamén na incubadora de alta tecnoloxía BioIncubaTech
A Xunta anima ás pemes do sector primario e agroalimentario galego a presentar iniciativas que poidan optar a fondos europeos para facer fronte aos efectos da covid-19
A Consellería do Medio Rural vén de lanzar a Convocatoria de Manifestación de interese de proxectos autonómicos, que tamén contribuirá a definir as liñas estratéxicas de actuación no rural galego
Como exemplos de proxectos tractores, José González puxo a biofábrica de fibras téxtiles sostibles para pechar o ciclo de transformación da madeira en Galicia e a posta en produción de 18.000 hectáreas de terra abandonada
Os interesados terán de prazo ata o 16 de abril para enviar os seus proxectos ao enderezo de correo electrónico proxectos.medio-rural@xunta.gal
Conde destaca o compromiso da Xunta por dar valor engadido ao sector forestal galego a través do impulso á biomasa
Afirma que Galicia reúne todas as condicións para avanzar nunha transición ecolóxica xusta onde a industria forestal ten que ter un papel protagonista
Asegura que os proxectos da candidatura galega aos fondos Next Generation relacionados con este sector van contribuír ao reto da transición ecolóxica e a dar un salto cualitativo no rural galego en termos de emprego e competitividade
A Xunta está activando todos os recursos necesarios para impulsar a industria forestal, entre os que citou a Estratexia de Impulso á Biomasa (2021-2025)
Mañá abre o prazo de solicitude do programa Renove Electrodomésticos da Xunta para as entidades colaboradoras
A convocatoria, enmarcada no Plan de axudas ao comercio galego, conta cun orzamento de 3M€ e prevé chegar a 20.000 fogares
Con esta iniciativa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, facilitarase a renovación de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras
Os apoios favorecerán a mobilización directa de 10,5 millóns de euros, así como unha redución de emisións de CO2 equivalente á acción de 60.000 árbores, aforros de 560.000 euros anuais na factura enerxética e a creación ou mantemento de ao redor de 150 empregos
Prestarase especial atención ás familias vulnerables, que na convocatoria anterior xa recibiron o 40% do importe das axudas
A Xunta impulsa as exportacións de pemes e autónomos en máis de 20 países a través da nova convocatoria do Plan Foexga
A Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a iniciativa, que se readapta para responder ás necesidades xeradas pola actual situación económica
O programa, que se desenvolve en colaboración coas cámaras de comercio, conta nesta edición cun orzamento de 2,3 millóns de euros, e prevé beneficiar a arredor de 630 compañías
Desenvolveranse 160 accións de internacionalización, realizadas tanto en formato presencial como dixital
Conde e o alcalde de Paradela estudan novas vías de cooperación para reforzar o tecido industrial do municipio lugués
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, informou ao rexedor, José Manuel Mato, dos diferentes programas cos que conta a Xunta para impulsar o investimento empresarial
Destaca as posibilidades que abre a nova Lei de reactivación para atraer novas iniciativas cara aos municipios e impulsar o emprendemento, prestando especial atención ao rural galego
Nos últimos anos, a Consellería apoiou ao Concello, empresas e veciños de Paradela con apoios por preto de 900.000 euros, mobilizando 2,7 millóns
O delegado territorial da Xunta en Ourense visita o laboratorio oficial de metroloxía de Galicia
Gabriel Alén subliñou a “fundamental achega deste laboratorio á I+D+i pois colabora no desenvolvemento dun proceso innovador no campo da metroloxía, tanto na parte técnica como na posterior normalización, contribuíndo á mellora da competitividade do tecido industrial galego”
O cambio de hora desta fin de semana supón un aforro enerxético próximo ao 0,4% no consumo eléctrico en Galicia
A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano
O uso de iluminación de baixo consumo, unha correcta climatización das vivendas, ou a instalación de sensores que regulen a luz artificial poden diminuír ata un 35% o consumo enerxético anual nos fogares galegos