Dende
Ata

Temos dispoñibles para consulta 498 novas
O programa integrado da Xunta 'Impulsa Emprego – A Laracha' mellora as competencias profesionais de 100 persoas desempregadas
14/10/2019 13:06

O programa integrado da Xunta 'Impulsa Emprego – A Laracha' mellora as competencias profesionais de 100 persoas desempregadas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe na Laracha, aos alumnos que participan nesta iniciativa

A actuación inclúe tamén accións de orientación e asesoramento laboral individualizado e formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas

Casal salientou a importancia da cooperación entre a Xunta, concellos e entidades para ofrecer novas oportunidades laborais á cidadanía

Arredor de 1.845 desempregados ampliarán as súas expectativas laborais grazas aos cursos de formación na área da Coruña
14/10/2019 11:14

Arredor de 1.845 desempregados ampliarán as súas expectativas laborais grazas aos cursos de formación na área da Coruña

O delegado territorial presentou os cursos que terán lugar na provincia e concretamente na comarca da Coruña investiranse máis de 5,2 millóns de euros en 123 accións formativas

A convocatoria é plurianual o que posibilita que se imparta unha formación máis completa e facilita unha maior empregabilidade dos alumnos

Os participantes poden escoller o centro e a acción formativa que impartirán as empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos adxudicatarios destas axudas da Xunta

13/10/2019 11:47

A Xunta presenta en Portugal unha mostra sobre o deseño galego no marco da Porto Design Biennale, a gran cita europea do sector en 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria inaugura en Porto a exposición Galicia XXI. O design como motor, con traballos de máis de corenta profesionais do deseño galego

A mostra permanecerá aberta ao público ata o 24 de novembro no espazo WOW-Work on Wood by Finsa

Tamén se presenta en Portugal a publicación O deseño como motor. Casos de éxito en Galicia, que recolle exemplos de éxito empresarial actuais

12/10/2019 12:02

A Xunta destaca na Coruña a necesidade de sensibilizar aos máis novos sobre a importancia do comercio de proximidade

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou na entrega dos premios do certame ‘Os pequenos co pequeno comercio’

Na iniciativa, organizada pola Federación de Comercio da Coruña, participaron nenos e nenas de entre 12 e 13 anos de toda a provincia

Conde destaca o papel clave do polígono de San Cibrao das Viñas na dinamización económica e a creación de emprego
11/10/2019 21:06

Conde destaca o papel clave do polígono de San Cibrao das Viñas na dinamización económica e a creación de emprego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu á 40ª asemblea da asociación deste parque empresarial, na que se sinala a necesidade de seguir traballando de xeito conxunto para reforzar a competitividade empresarial


A provincia de Ourense conta con 55 concellos emprendedores, que comparten coa Xunta a filosofía de facer de Galicia unha terra máis atractiva

Con máis de 300 compañías integradas, o polígono representa máis da metade dos postos de traballo do sector industrial ourensán

11/10/2019 20:34

A Xunta recoñece o importante labor dos profesionais da linguaxe de signos no desenvolvemento persoal e laboral das persoas xordas

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, inaugurou o acto de conmemoración dos 25 anos da figura do especialista en Lingua de Signos Española (LSE)

Destaca que o emprego é unha ferramenta esencial para avanzar no camiño da inclusión na sociedade de todos os galegos e galegas

11/10/2019 14:54

A Xunta destaca a colaboración dos colexios profesionais no eido da formación, de captación de talento e de divulgación do potencial da industria forestal

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe, en Santiago de Compostela, na clausura do curso ‘Habilidades directivas na cadea monte industria’

Esta iniciativa enmárcase na Estratexia de formación da industria forestal impulsada polo Goberno galego dentro da que se vén de resolver a orde de axudas para a realización de 130 accións formativas ao longo deste ano 2019

11/10/2019 14:09

A Xunta oferta 33 cursos de formación para persoas desempregadas na comarca do Salnés de cara a mellorar as súas opcións de acceso ao mercado de traballo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, destacou que nesta comarca investiranse 1,25 millóns de euros dentro do Plan Galego de Formación 2019-20

Os alumnos poderán escoller o centro e a acción formativa que impartirán as empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos adxudicatarios destas axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Na selección dos participantes terán preferencia colectivos como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración

Os centros de formación terán a posibilidade de seleccionar directamente ao alumnado que, a través da web de Emprego, poderá solicitar a materia na que se desexa formar e coñecer o custo do curso que a Xunta financia ao 100%
 

A Xunta reclama  medidas para unha transición enerxética xusta e gradual, que facilite a reactivación da central térmica das Pontes e que poida completar a súa adaptación ordenada
11/10/2019 13:32

A Xunta reclama medidas para unha transición enerxética xusta e gradual, que facilite a reactivación da central térmica das Pontes e que poida completar a súa adaptación ordenada

Valora a dispoñibilidade de Endesa a participar nunha mesa de traballo coas distintas administracións e buscar conxuntamente alternativas para que a central siga sendo competitiva

Fronte a un peche abrupto defende que se facilite desde o Goberno central unha transición enerxética real, que sirva para xerar novos proxectos, consolidar os postos de traballo e contar con novas oportunidades para a comarca

Insiste na necesidade de reactivar a central para poder abordar unha transición real, no marco europeo e cos fondos comunitarios previstos, para non ocasionar un impacto social irreparable